Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de marzo de 2019

A Concellería de Participación abre o período de solicitude de subvencións para actividades e gastos de funcionamento das entidades veciñais

As convocatorias, que se publicarán nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia, son complementarias e en réxime de concorrencia competitiva

A Concellería de Participación e Innovación Democrática xa ten listas as bases para a convocatoria de dúas liñas de subvencións destinadas a apoiar os programas e actividades, así como os gastos de funcionamento, das entidades veciñais da cidade. O departamento dedica un total de 30.000 euros ao financiamento de proxectos e actividades de interese cívico, social ou cultural que realicen as entidades ao longo do ano 2019 e que favorezan a participación cidadá e teñan un carácter complementario respecto dos programas municipais. Ademais, Participación destina 10.000 euros para as entidades veciñais que carecen dun local, propio ou cedido de maneira gratuíta polo Concello, para axudarlles a sufragar os gastos de funcionamento. "O Goberno local abriu hai xa tres anos estas liñas de apoio ás entidades que traballan na cidade como unha maneira máis de impulsar dende a administración o tecido veciñal e ao movemento dos nosos barrios", explica a edil responsable, Claudia Delso.

As convocatorias, que se publicarán en vindeiras datas no Boletín Oficial da Provincia, están dirixidas a asociacións veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC) e ambas son compatibles, complementarias e de concorrencia competitiva. Son proxectos subvencionables aqueles  que empreguen metodoloxías de participación cidadá e que abran espazos de debate, as actividades culturais, formativas e educativas abertas á veciñanza e, tamén, pequenas celebracións populares que contribúan a manter tradicións culturais ou costumes de arraigo nos barrios. O importe máximo susceptible de ser subvencionado será de 3.000 euros, que poden chegar a cubrir o 100% do custo. A segunda das liñas, que ten un límite de 4.000 euros por entidade e pode chegar a cubrir o 100% do gastos, ten como obxectivo acadar un maior equilibrio e unha distribución máis igualitaria das axudas económicas e os recursos municipais postos a disposición do tecido asociativo veciñal. Pode dedicarse a gastos de alugueiro das sedes sociais, de subministracións de servizos, papelería ou xestoría e de asesoramento para trámites da entidade ou seguros.

Tal e como indica a edil, no pasado ano foron 19 as asociacións veciñais que recibiron unha subvención para actividades, das que oito obtiveron o 100% do importe solicitado. No caso da convocatoria para gastos de funcionamento, a Concellería de Participación aprobou axudas para oito entidades, das cales dúas recibiron o total da subvención solicitada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión