Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Barrios en movemento

Cando:

Dende o 17/04/2018 ata o 16/05/2018

Horario:

Bop 71 do 16 de abril de 2018

Páxina web:

www.coruna.gal/participacion

Contacto:

Enderezo electrónico:

participacion@coruna.es

Teléfono:

981.184.200 Ext. 10165 / 10909

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Subvencións ás entidades veciñais da Coruña

Subvencións ás entidades veciñais da Coruña

Convocatoria das liñas de axuda para apoiar os proxectos e actividades, e o funcionamento das entidades veciñais da cidade durante o ano 2018

Desde a concellaría de Participación e Innovación Democrática establécense, para o ano 2018,  dúas liñas de axudas diferenciadas:

  1. A primeira delas para subvencionar programas, proxectos e actividades desenvolvidas polas asociacións veciñais. O importe global para o ano 2018 será de 30.000 euros, destinados a financiar proxectos ou actividades culturais, formativas e educativas de interese social e que favorezan a participación activa da cidadanía. Financiaranse tamén, a través desta convocatoria, programas e metodoloxías de participación cidadá que faciliten a apertura de procesos participativos nos que poidan tomar parte veciños e veciñas dun barrio concreto, ou ben de toda a cidade.
  • Bases completas (ver apartado de documentación)
  • Anexos de solicitude (ver apartado de documentación)
  1. A segunda está dirixida a apoiar económicamente o funcionamento das entidades que non dispoñen dun local municipal cedido, cun importe total asignado de 10.000 euros, que poderán destinarse a gastos xerais de funcionamento, aluguer de locais, subministros, etc.
  • Bases completas (ver apartado de documentación)
  • Anexos de solicitude (ver apartado de documentación)

Ambas as dúas subvencións se convocan en réxime de concurrencia competitiva, sendo requisitos imprescindibles que as entidades solicitantes teñan a súa sede no termo municipal da Coruña e figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña, REMAC.

As actividades subvencionadas poden programarse para a súa realización antes do 31 de decembro de 2018 e/ou tamén pode solicitarse a subvención para accións xa realizadas no primeiro trimestre deste ano.

Ambas as dúas liñas de axuda son compatibles, de xeito que as entidades que soliciten subvención para o mantemento e gastos xerais tamén poderán concurrir ás subvencións convocadas para proxectos e actividades.

Para recibir asesoramento e para a resolución de calquera dúbida relacionada coa presentación das solicitudes destas subvencións ou da execución dos programas e actividades subvencionables, estará dispoñible un servizo específico de apoio na Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

>> Todo a información aparece publicada no Bop 71 do 16 de abril de 2018

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?