Campamentos de verán para mozas e mozos de 12 a 17 anos
Mozas e mozos de 12 a 17 anos
Juvenil, Para público en general
Desde el 06/07/2020 hasta el 31/07/2020
Ya ha finalizado
Desde el 27/05/2020 hasta el 29/05/2020
Horario do campamento: de 9.00 a 14.00 h
Polideportivo Municipal de Labañou. Carretera de los Fuertes 3. 15011 A Coruña
100 (50 en cada quenda)
Gratuíto
Prazos do procedemento:
Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación
Servizo municipal de Mocidade
xuventude@coruna.es
A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá organiza, a través do Servizo municipal de Mocidade, os campamentos municipais de verán dirixidos a mozas e mozos de 12 a 17 anos, empadroadas/os no Concello da Coruña
TRANSPORTE
Habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con 6 paradas establecidas pola organización.
REUNIÓN COAS FAMILIAS
Unha vez que finalice o proceso de inscrición enviaráselles un correo electrónico ás persoas que obteñan praza para realizar unha reunión informativa.
INFORMACIÓN RELATIVA Á SITUACIÓN DA COVID-19
O Concello da Coruña seguirá en todo momento as directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade e Benestar Social, e outras autoridades competentes en materia sanitaria, en relación coa realización de actividades de ocio educativo xuvenil nas diferentes fases de desescalada e volta á normalidade, en función da evolución xeral e territorial da COVID-19.
Para este fin implementará, en todas as actividades de ocio xuvenil, estratexias e protocolos de actuación así como condicións de participación nas actividades.
As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal, a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor.
INFORMACIÓN RELATIVA Á REALIZACIÓN DO CAMPAMENTO SEGUNDO A SITUACIÓN DA COVID-19
A realización do campamento urbano xuvenil do Concello da Coruña queda supeditada á evolución da crise sanitaria provocada pola COVID-19. No caso de emitir as autoridades sanitarias competentes información contraria á súa realización, este quedaría suspendido.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible