Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Campamentos de verán para mozos e mozas

A concellaría de Participación e Innovación Democrática organiza campamentos urbanos de verán para mozos e mozas de 12 a 17 anos. -Información e solicitude de praza-

A quen vai dirixido?:

Mozas e mozos de 12 a 17 anos

Cando:

Dende o 13/05/2019 ata o 22/05/2019

Este evento xa rematou

Formulario de inscrición

Número de prazas:

90 (45 en cada quenda)

Prezo:

Gratuito

Requisitos:

PERIODO DE SOLICITUDE DE PRAZO DE INSCRICIÓN

Do 15 ao 22 de maio de 2019

  • Pre-Inscrición online a través da web www.coruna.gal/cmix
    • Asignarase un número a cada solicitude de praza atendendendo á orde de entrada dos formularios de solicitudes

24 de maio de 2019

  • Publicación de listas provisionais de solicitudes recibidas

28 de maio de 2019

  • Sorteo: ás 12.00 h realizarase o sorteo para establecer a orde da adxudicación de prazas

30 de maio de 2019

Publicación de listas de persoas con praza adxudicada

  • A web de publicación será www.coruna.gal/cmix
  • Só será adxudicado un turno de campamento por persoa
  • Habilitarase unha listaxe de agarda en cada un dos turnos para cubrir aquelas prazas que non teñan a inscrición formalizada ou renuncien á mesma .

Do 3  ao 5 de xuño de 2019

  • Confirmación de praza: as persoas admitidas deberán confirmar a aceptación da praza enviado un correo electrónico ao enderezo xuventude@coruna.es
  • No caso de non recibilo no prazo establecido, a partir do 6 de xuño a praza será adxudicada a seguinte persoa  da listaxe de agarda.

*É preciso un mín. de 30 participantes por quenda. No caso contrario, o Concello reservase a opción de anular a oferta do turno que non acade o mínimo.

Hashtag:

##MocidadeCoruña

Organizador:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Departamento de Mocidade

Contacto:

xuventude@coruna.es

Tel. 981.184.200 Ext. 12046

Documentos:

2019 Campamento verán_díptico informativo (150 KB)

2019 Campamento verán_cartaz (697 KB)

Os campamentos de verán para a mocidade buscan a interacción dos mozos e mozas coa contorna medioambiental da cidade visibilizando os recursos e o patrimonio natural existentes e favorecendo a toma de conciencia no contacto cos memos. Ademais, procuran un verán activo e dinámico no que divertirse compartindo espazos, actividades e momentos con outros mozos e mozas.

Nº de prazas: 90 (45 en cada quenda)

Periodo de realización:

  • Quenda 1: do 1 ao 12 de xullo de 2019 | de 9.00 a 14.00 h
  • Quenda 2: do 15 ao 26 de xullo de 2019 | de 9.00 a 14.00 h

*O campamento realizarase de luns a venres. Os días festivos non haberá campamento.

Tipoloxía de actividades

  • Multideportivas e no medio acuático: iniciación ao snorkel, kaiak, tiro con arco, propostas de deporte alternativo como kinball, floorball e ultimate, xogos deportivos na praia, deportes de equipo, etc...
  • Lúdico recreativas: Xogos de rastrexo e de pistas, orientación, xeocatching, obradoiros creativos, xogos de cooperación, etc...
  • Medioambientais: Senderismo pola contorna medioambiental, rutas de coñecemento e recollida de algas, elaboración de xogos con material de refugallo, etc...

Reunión coas familias

Finalizado o proceso de inscrición enviarase un correo electrónico para a realización dunha reunión informativa o  martes 11 de xuño ás 21.00 h, no Espazo de Iniciativas Xuvenís (Rúa Matadoiro, 68)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión