Concello da Coruña

Concello da Coruña

Club de lectura xuvenil "La Tribu"

Únete ao club de lectura xuvenil #LaTribu!

A quen vai dirixido?:

Mocidade entre 14 e 16 anos, ambas idades incluídas.

A quen vai dirixido:

Xuvenil

Cando:

15/12/2022

Os xoves, con periodicidade quincenal.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 15/12/2022

Require inscrición.

Horario:

De 18.00 a 19.30 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Número de prazas:

10

Hashtag:

#LaTribu

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

O mundo está cheo de tribos. Persoas conectadas entre si por un interese común. Na Biblioteca Ágora interésannos os libros e por iso estamos a formar nosa propia tribo lectora. Poñemos en marcha un club de lectura xuvenil un tanto especial, no que o libro é só o punto de partida.

Podes pertencer a #LaTribu se tes entre 14 e 16 anos e ganas de ler, de facer novas amizades e formar parte dunha experiencia única. Desde a Biblioteca facilitarémosvos os libros e reunirémonos os xoves, cada quince días, para conversar sobre eles, reflexionar e divertirnos. Descubriremos xéneros literarios e autoras/es moi diferentes e non só nos limitaremos ao formato papel, senón que apostaremos por outras linguaxes dixitais e artísticas.

O mundo necesita tribos e #LaTribu necesítate a ti, agardámoste!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión