Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto: Stompy Seven Jass Band

A Biblioteca, como cada ano, achega a música e os músicos coruñeses á cidadanía co seu tradicional concerto de Nadal, que cumpre xa a súa XIII edición. Nesta ocasión contamos coa participación da Stompy Seven Jass Band.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/12/2022

Xa rematou

Horario:

De 20.30 a 21.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Contacto:

Stompy Seven Jass Band é unha banda especializada no Hot Jazz, Dixieland e Blues xurdidos nos marabillosos anos 20 do século pasado en Nova Orleans, de onde saltou a Chicago, Nova York e de aí ao resto do mundo.

Entre as influencias desta banda destacan músicos como Louis Amstrong, Jelly Roll Morton, a Original Dixieland Jass Band, Sidney Bechet e King Oliver, entre outros moitos.

A música de todos estes grandes mestres soa novamente intrepretada por este grupo baixo un punto de vista propio e orixinal, mantendo toda a esencia deste estilo musical e homenaxeando respetuosamente a todos estes xenios que deron un novo rumbo á historia da música.

Stompy Seven Jass Band revive este estilo tan popular onde se mesturan os ritmos do charleston, fox trot e swing, entre moitos outros, que non deixará indiferente a quen se pare a escoitar, iniciando unha viaxe a aquela época tantas veces representada no mundo do cine.

Esta agrupación componse dunha primeira liña de ventos (trompeta, clarinete e trombón) e unha sección de ritmo (banjo, contrabaixo e batería) que fan o soporte perfecto para a voz de Mery Lafuente, quen tamén toca a táboa de lavar e outros pequenos e variados instrumentos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión