Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Convocatorias e subvencións

Neste aparatado pode acceder á información das diferentes convocatorias e subvencións do Servizo municipal de Participación e Innovación Democrática de:

- Información xeral de subvencións

- Subvencións para entidades veciñais

- Convocatorias públicas de Particpación

SUBVENCIÓNS _ Información xeral

A Área de Benestar Social, a través do Servizo de Participación e Innovación Democrática ten a vontade de lle prestar todo o seu apoio ao asociacionismo veciñal, por consideralo un dos instrumentos máis importantes que garanten a participación colectiva da cidadanía, contribuindo á construción colectiva da nosa cidade.

De acordo con esta liña de actuación, este servizo municipal convoca anualmente subvencións en concorrencia competitiva coa finalidade de lles prestar apoio económico ás entidades veciñais para axudar ao seu sostemento e funcionamento, e para realizar proxectos, programas e actividades que promovan a dinamización das asociacións veciñais da Coruña e que as manteñan como instrumentos activos e canalizadores de participación. Para ser beneficiarias destas axudas, son requisitos imprescindibles que as entidades solicitantes teñan a súa sede no termo municipal da Coruña e figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña, REMAC. O prazo de solicitude destas subvencións é dun mes que se contará desde o día seguinte á publicación no BOP. Será posible presentala na sede electrónica ou presencialmente nos rexistros municipais.

Acceso directo á sede electrónica municipal para:

- Convocatoria de subvencións para gastos xerais

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva para apoiar economicamente os gastos de funcionamento das asociacións veciñais que carezan de locais municipais en réxime de cesión gratuíta ou noutras condicións durante o ano 2020.

- Convocatoria para proxectos e actividades

Subvencións para asociacións veciñais para realizar programas, proxectos e actividades de interese social, cívico e cultural para o ano 2020

Xunto coa solicitude deberase achegar:

  1. Memoria descritiva, na que se detallen as actividades ou proxectos que se queren subvencionar, indicando as datas, lugar de realización, a quen vai dirixida, que fins e obxectivos se queren conseguir e que recursos se necesitan.
  2. Orzamento de execución, desagregando e detallando todos os conceptos contemplados, necesarios para realizar as actividades propostas.
  3. Certificación actualizada dos cargos representativos que compoñen a xunta directiva da entidade solicitante.

O resto da documentación non será necesario presentala posto que xa obra en poder do Concello da Coruña, por estar inscrita a entidade no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña, REMAC. Todas as entidades estarán obrigadas, por tanto, a manter esta documentación actualizada e comunicar, o máis axiña posible, calquera cambio.

O prazo de solicitude para ambas as convocatorias comezará ao día seguinte da súa publicación no BOP.

Subvencións para entidades veciñais

Convocatoria das liñas de axuda para apoiar os proxectos e actividades, e o funcionamento das entidades veciñais da cidade durante o ano 2020

Desde o Servizo municipal de Participación e Innovación Democrática establécense dúas liñas de axudas diferenciadas. A primeira delas para subvencionar programas, proxectos e actividades desenvolvidas polas asociacións veciñais. O importe estará destinado a financiar proxectos ou actividades culturais, formativas e educativas de interese social e que favorezan a participación activa da cidadanía. Financiaranse tamén, a través desta convocatoria, programas e metodoloxías de participación cidadá que faciliten a apertura de procesos participativos nos que poidan tomar parte veciños e veciñas dun barrio concreto, ou ben de toda a cidade.

A segunda está dirixida a apoiar economicamente o funcionamento das entidades que non dispoñen dun local municipal cedido, e cuxo importe poderá destinarse a gastos xerais de funcionamento, alugueiro de locais, subministracións etc.

  • Bases completas (ver apartado de documentación)
  • Anexos de solicitude (ver apartado de documentación)

Ambas as subvencións convócanse en réxime de concorrencia competitiva, e serán requisitos imprescindibles que as entidades solicitantes teñan a súa sede no termo municipal da Coruña e figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña, REMAC. As actividades subvencionadas poden programarse para a súa realización antes do 31 de decembro do ano da convocatoria e/ou tamén pode solicitarse a subvención para accións xa realizadas no primeiro trimestre deste ano. Ambas as liñas de axuda son compatibles, de maneira que as entidades que soliciten subvención para o mantemento e gastos xerais tamén poderán concorrer ás subvencións convocadas para proxectos e actividades.

Para recibir asesoramento e para a resolución de calquera dúbida relacionada coa presentación das solicitudes destas subvencións ou da execución dos programas e actividades subvencionables estará dispoñible un servizo específico de apoio na Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

CONVOCATORIAS

Desde o Servizo municipal de Participación e Innovación Democrática pódense realizar diferentes convocatorias de carácter público relacionadas co ámbito de actuación da concellería. Neste apartado poderás atopar a información actualizada dos diferentes procesos.

CONVOCATORIAS 2017

1. CONVOCATORIA PARA A CESIÓN DE USO DE VARIOS ESPAZOS NO ANTIGO CÁRCERE PROVINCIAL

No ano 2017, o Concello da Coruña, a través das denominadas concellerías de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Culturas, Deporte e Coñecemento e Participación e Innovación Democrática publica unhas bases para a convocatoria, en concorrencia competitiva, para a cesión de usos de varios espazos no Antigo Cárcere Provincial.

A convocatoria estaba dirixida a entidades sen ánimo de lucro rexistradas no REMAC e ten como obxectivo o desenvolvemento de proxectos de dinamización cultural e sociocultural poñendo especial relevancia na recuperación da memoria histórica, no apoio e posta en valor dos novos creadores locais e a promoción de actividades que non teñen lugar noutros espazos da cidade con carácter regular.

O prazo de presentación de propostas será de 45 días naturais a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Accede, a continuación, á documentación das diferentes convocatorias e subvencións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión