Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Nocturnia verán 2020

Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo servizo de Mocidade da concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación do Concello da Coruña que recibe financiación do Ministerio de Sanidade e Benestar Social. Ofrece unha serie de actividades gratuitas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teña en conta á hora de planificar as súas fins de semana.

Cando:

Dende o 10/07/2020 ata o 21/08/2020

Inscricións:

A inscrición ábrese cada luns ás 16.00 h

Prezo:

Gratuíto

Hashtag:

#mocidadecoruña

Organizador:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Servizo municipal de Mocidade

Contacto:

xuventude@coruna.es

nocturniacoruna@gmail.com

Documentos:

2020 Nocturnia verán - programa de actividades (1 MB)

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalle un ollo a todas as actividades (descarga o . pdf coa programación completa )

2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.

3. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos axeitados e mira toda a información do programa en coruna.gal/cmix e en coruna.gal/participacion.

OLLO! As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotar as prazas.

4. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

IMPORTANTE: Para acceder as actividades será obrigatorio o uso de mascarilla e aceptar as condiciónsde participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cumprimentados serán dados de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna, ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

INFORMACIÓN RELATIVA Á SITUACIÓN DA COVID-19

O Concello da Coruña seguirá en todo momento as directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade e Benestar Social, e outras autoridades competentes en materia sanitaria, en relación coa realización de actividades de ocio educativo xuvenil nas diferentes fases de desescalada e volta á normalidade, en función da evolución xeral e territorial da COVID-19.

Para este fin implementará, en todas as actividades de ocio xuvenil, estratexias e protocolos de actuación así como condicións de participación nas actividades.

  1. PROTOCOLO DE ADECUACIÓN DAS ACTIVIDADES E INTALACIÓNS PARA EMPREGAR EN ACTIVIDADES DE OCIO EDUCATIVO XUVENIL CON MOTIVO DA COVID-19 Co obxectivo de preservar a saúde e seguridade das persoas usuarias e traballadores/as no ámbito da educación non formal, establecerase un protocolo de actuación con medidas xerais e especificas a situacións concretas. Este protocolo poñerase en coñecemento das familias.
  2. PROTOCOLO DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN EN CASO DE RISCO DE CONTAXIO OU DE CONTAXIO POSITIVO EN COVID-19. O campamento contemplará e avaliará o risco para cada tipo de situación que poida darse, a través dun protocolo de prevención e actuación ante COVID-19, coas consideracións para ter en conta en caso de risco de contaxio ou de contaxio positivo. Este protocolo poñerase en coñecemento das familias.
  3. DOCUMENTO DE ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN, OBRIGA DE INFORMACIÓN E CONSENTIMENTO INFORMADO.

As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal que marcan as condicións de participación, obriga de información e consentimento informado. 

INFORMACIÓN RELATIVA Á REALIZACIÓN DO CAMPAMENTO SEGUNDO A SITUACIÓN DA COVID-19

A realización das activdiades de Nocturnia do Concello da Coruña queda supeditada á evolución da crise sanitaria provocada pola COVID-19. No caso de emitir as autoridades sanitarias competentes información contraria á súa realización, estas quedarían suspendido.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión