Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de febreiro de 2018

O centro cívico de Elviña acollerá este sábado 24 un novo encontro 'Dillo ti' do alcalde e o resto do grupo de Goberno coa veciñanza

A xuntanza desta canle de participación cidadá, posta en marcha polo executivo coruñés, comezará ás 12.00 horas

O alcalde e o resto de concelleiras e concelleiros do grupo de Goberno participarán este sábado, día 24 de febreiro, ás 12.00 horas no centro cívico de Elviña nun novo encontro Dillo ti, o programa de xuntanzas abertas entre a veciñanza e o executivo local que se celebran de xeito mensual en distintos barrios da Coruña co obxectivo que a cidadanía sexa partícipe da acción de Goberno. A finalidade desta nova canle de participación cidadá é crear espazos de encontro para facilitar que as veciñas e veciños trasladen, de xeito directo e sen intermediación, as súas demandas e vontades ao Goberno municipal.

Tras visitar os barrios dos Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Peixería, A Silva, Feáns, Adormideras, Labañou, Eirís e Santa Margarida, a nova xuntanza celebrará no centro cívico de Elviña, na praza de Esteban Lareo Castro, s/n. Como vén sendo habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto, poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo mesmo non será necesario inscribirse, pero si acudir ao equipamento municipal no horario de celebración do Dillo ti --de 12.00 a 13.30 horas--.

Toda a información sobre esta serie de xuntanzas está dispoñible na páxina web municipal, no enlace www.coruna.es/conversascoalcalde, así como nos vídeo resumos de cada unha delas, que se poden ver na canle oficial do Concello na plataforma Vimeo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión