Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xuño de 2018

O Centro Cívico de San Pedro de Visma acolle este sábado, 30 de xuño, un novo encontro participativo 'Dillo ti'

O alcalde e as concelleiras e concelleiros do Goberno local manterán unha xuntanza aberta á cidadanía que se celebrará ás 12.00 horas

O Concello da Coruña celebrará este sábado, 30 de xuño, un novo encontro Dillo ti. Conversas co alcalde e o goberno municipal, o programa de xuntanzas abertas entre a veciñanza e o executivo local que se celebran en distintos barrios da Coruña. Esta canle de participación directa, posta en marcha en 2016, ten como obxectivo crear espazos nos que a cidadanía poida conversar, sen intermediación, co grupo de goberno, así como trasladar as súas demandas e inquedanzas, de xeito que sexan respondidas no mesmo encontro polos responsables municipais.

Tras visitar os barrios dos Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Peixería, A Silva, Feáns, Adormideras, Labañou, Eirís, Santa Margarida, Elviña, Nostián, Zalaeta e, de novo, Os Castros, a nova xuntanza do Dillo ti, terá lugar este sábado, ás 12.00 horas, no Centro Cívico de San Pedro de Visma. Como vén sendo habitual, o encontro, dunha duración aproximada de 90 minutos, contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos e outro de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto, poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo non será necesario inscribirse, pero si acudir ao equipamento municipal no horario de celebración do Dillo ti --de 12.00 a 13.30 horas--.

Toda a información destas xuntanzas está dispoñible na web municipal, no enlace www.coruna.es/conversascoalcalde, así como os vídeo resumos de cada unha delas, que se poden ver na canle oficial do Concello na plataforma Vimeo www.vimeo.com/concellocoruna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión