Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2018

O centro veciñal de Nostián acollerá este sábado un novo encontro 'Dillo ti' do goberno local coa veciñanza

A xuntanza, que comezará ás 12.00 horas, contará cun espazo de conciliación aberto a todas as nenas e nenos da cidade

O Concello da Coruña celebrará este sábado, 17 de marzo, un novo encontro Dillo ti. Conversas co alcalde e o goberno municipal, o programa de xuntanzas abertas entre a veciñanza e o executivo local que se celebran nos distintos barrios da Coruña. Esta canle de participación directa ten como obxectivo crear espazos nos que a cidadanía poida conversar, de xeito directo, co goberno local para trasladarlle as súas demandas e inquedanzas e recibir unha resposta inmediata dos responsables municipais.

A nova xuntanza do Dillo ti celebrarase este sábado, a partir das 12.00 horas, no centro veciñal de Nostián (Lugar de Nostián, 30). O encontro, que terá dunha duración aproximada de 90 minutos, contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos e outro de conciliación con obradoiros infantís co obxectivo de facilitar que ás persoas con nenas ou nenos ao cargo poidan asistir. Todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este taller, poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo non será necesario inscribirse, senón unicamente acudir ao centro veciñal no horario de celebración do encontro.

Toda a información destas xuntanzas está dispoñible na web municipal, no enlace www.coruna.gal/conversascoalcalde, así como nos vídeo resumos de cada unha delas, que se poden ver na canle oficial do Concello na plataforma Vimeo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión