Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2018

Participación outorga 26 subvencións para actividades e gastos de funcionamento das entidades veciñais coruñesas

O Concello inviste case 40.000 euros na terceira edición de ‘Barrios en Movemento!’, da que se beneficiarán 22 asociacións

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, dirixida por Claudia Delso, vén de publicar a resolución da convocatoria Barrios en Movemento!, dúas liñas de axudas que, por terceiro ano consecutivo, teñen a finalidade de apoiar o mantemento e as actividades das asociacións veciñais do municipio. Na actual edición presentáronse un total de 27 solicitudes, dúas máis que o pasado ano, e das que se admitiron finalmente 26.

A primeira das convocatorias, á que se destinarán 29.998 euros, facilitará a posta en marcha de programas, proxectos ou actividades de interese cívico, social ou cultural que favorezan a participación cidadá e que teñan un carácter complementario respecto dos programas municipais. Entre as propostas admitidas, atópanse iniciativas vinculadas ao ocio saudable, á dinamización social, cursos de informática, charlas de asesoramento ou certames e magostos. En total serán 18 as asociacións veciñais que reciban subvención para levar a cabo as diferentes propostas: AVV Pedralonga, AVV Xunqueiras de Mesoiro e Vío, AVV Os Nosos Lares de Palavea, AVV A Barcarola de Catro Camiños, AVV Cidade Vella-María Pita, AVV Ventorrillo, AVV Loureiro de Visma, AVV Peruleiro-Mariñeiros, AVV Francisco Rodríguez Otero, AVV Monelos-Fonte das Paxarelas, AVV e Comerciantes da Falperra, AVV Novo Mesoiro, AVV Os Rosales, AVV para o desenvolvemento económico e social Elviña II Fase, AVV Agra do Orzán, AVV Castrillón-Urbanización Soto IAR, AVV Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules e a AVV Oza-Gaiteira-Os Castros. Por outra banda, a segunda liña de axudas, na que se invisten 9.913 euros, permitirá cubrir gastos xerais de funcionamento das asociacións que non dispoñen dun local propio nin municipal en réxime de cesión gratuíta. As entidades beneficiarias desta liña son 8: AVV Oza-Gaiteira-Os Castros, AVV Castrillón-Urbanización Soto IAR, AVV Adormideras, AVV Bens, AVV Matogrande Novo Centro, AVV Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules, a AVV e comerciantes da Falperra e, finalmente, a Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa da Agra do Orzán.

Para máis información sobre Barrios en Movemento! así como outras iniciativas da Concellería de Participación e Innovación Democrática, pódese visitar o web www.coruna.gal/participacion.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión