Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de junio de 2019

Participación presenta unha nova edición da revista 'Coruña Mutante', que aborda os retos da sustentabilidade e as opcións de lecer para a mocidade no verán

O novo número da iniciativa impulsada polo programa Nocturnia pódese atopar tanto no web municipal da concellería como en distintos equipamentos municipais

A Concellería de Participación e Innovación Democrática vén de editar un novo número da revista de cultura e ocio para a mocidade Coruña Mutante, impulsada polo programa municipal de lecer alternativo Nocturnia. Nesta ocasión, a revista aborda como tema principal a sustentabilidade a través do programa de educación e participación ambiental Móllate!,  que pretende sensibilizar á cidadanía, en particular á veciñanza, sobre a importancia do coidado e preservación do medio ambiente, especialmente no mundo mariño. O programa centra a súa actividade na festa de maior impacto ambiental que hai na cidade, como é o San Xoán, así que a revista achega distintas recomendacións para gozar da celebración dun xeito respectuoso coa contorna natural.

No número 11 de Coruña Mutante as mozas e mozos poderán coñecer tamén os perfís de catro mulleres coruñesas que triunfan no mundo do deporte, como son Irene Blanco, Mónica Castelo, Rebeca Garrán e Míriam Ríos. As catro deportistas, destacadas nas súas respectivas disciplinas --halterofilia, rugby, jiu-jitsu e fútbol-- narran a súa carreira e a súa relación co deporte, ademais de dar conta dos seus referentes e da importancia da visibilización da presenza feminina na práctica deportiva.

Entre os contidos destacados da revista atópanse tamén as propostas de Nocturnia para as vindeiras semanas, as actividades vinculadas á celebración do 10º aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio Mundial, así como a axenda cultural do verán na Coruña para a mocidade, que inclúe propostas no Teatro Colón, Fórum Metropolitano, Coliseum, Teatro Rosalía ou mesmo en toda a cidade a través do Festival Noroeste Estrella Galicia, que celebrará a súa 33ª edición do 6 ao 11 de agosto. Entre as citas máis destacadas, entre os 80 bandas e artistas que participarán, sitúanse os concertos de Patti Smith, Belako, Jello Biafra & The Guantanamo School of Medicine, Nathy Peluso, Joe Crepúsculo ou Los Punsetes.

Coruña Mutante achégase tamén aos Locais de Ensaio municipais, servizo gratuíto para as bandas emerxentes da cidade, e ofrece distintas propostas de lectura para o verán que se poden atopar nas bibliotecas municipais, e deste servizo presenta o seu novo proxecto de innovación e participación cidadá, A eira, un laboratorio de aprendizaxe colaborativa e interxeracional presentado no mes de febreiro polo alcalde, Xulio Ferreiro, e que ten como obxectivo crear, na biblioteca da Sagrada Familia, un espazo para a mellora da calidade de vida e o intercambio de ideas entre a veciñanza.

A revista, que tamén inclúe unha entrevista con Marta Placer --Premio Extraordinario de Danza--, pódese consultar desde hoxe no web do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), dependente da Concellería de Participación e Innovación Democrática, e a partir do venres poderase recoller gratuitamente tanto no propio CMIX coma en outros equipamentos municipais, como son os centros cívicos, bibliotecas, museos científicos e instalacións deportivas, Locais de Ensaio, Centro Ágora, Fórum Metropolitano, CIM, COF, Castelo de San Antón, Casas Museo, Fundación Luís Seoane, Kiosko Alfonso, OMIC e o Centro Municipal de Emprego.

Documentos:

Revista Coruña Mutante nº11 (1 MB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión