Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subvencións a entidades veciñais

Convocatoria de subvencións para entidades veciñais da Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/04/2021 ata o 14/05/2021

Enderezo:

Estrada . A Coruña

Organiza:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Servizo Municipal de Participación

Contacto:

participacion@coruna.es

Documentos:

2021 Bases da convocatoria de subvencións (1 MB)

2021 Anexos da Convocatoria de subvencións (893 KB)

A Área de Benestar Social, a través do servizo de Participación e Innovación Democrática ten a vontade de lle prestar todo o seu apoio ao asociacionismo veciñal, por consideralo un dos instrumentos máis importantes que garanten a participación colectiva da cidadanía, contribuíndo á construción colectiva da nosa cidade.

Nesta convocatoria preséntanse subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ás asociacións veciñais e destinadas a apoiar o funcionamento e a dinamización de actividades de interese social, cívico e cultural do Concello da Coruña para o exercicio 2021. A finalidade das subvencións é apoiar economicamente os gastos de funcionamento e a realización de programas, proxectos e actividades de interese cívico, social ou cultural das asociacións veciñais do Concello da Coruña, xa realizados ou por realizar, durante o exercicio económico 2021 (entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro), de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

Liñas de subvención

Establécense dúas liñas subvencionables dentro da presente convocatoria:

Liña 1: gastos de funcionamento

É obxecto desta liña outorgar subvencións para apoiar economicamente os gastos de funcionamento das asociacións veciñais que carezan de locais municipais en réxime de cesión ou noutras condicións de uso gratuítas durante o presente ano (no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro), de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

Liña 2: apoio de programas, proxectos e/ou actividades

É obxecto desta liña outorgar subvencións para apoiar os programas, proxectos e/ou actividades de interese cívico, social ou cultural que realicen as asociacións do Concello da Coruña durante este ano (entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro), de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

Nesta liña, a solicitude deberá ir acompañada de:

  1. Memoria descritiva, na que se detallen as actividades ou proxectos que se queren subvencionar, indicando as datas, lugar de realización, a quen vai dirixida, que fins e obxectivos se queren conseguir e que recursos se necesitan.

  2. Orzamento de execución, desagregando e detallando todos os conceptos contemplados, necesarios para realizar as actividades propostas.

  3. Certificación actualizada dos cargos representativos, que compoñen a xunta directiva da entidade solicitante.

O resto da documentación non será necesario presentala posto que xa obra en poder do Concello da Coruña, por estar inscrita a entidade no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña, REMAC. Todas as entidades estarán obrigadas, por tanto, a manter esta documentación actualizada, comunicando o máis axiña posible, calquera cambio.

Poderase solicitar subvención para unha ou varias liñas subvencionables, que deberán ser obxecto de solicitudes independentes. No caso de presentar solicitude para máis dunha liña, a entidade solicitante deberá presentar con cada solicitude todos os anexos e documentos relacionados nas bases para cada unha delas, de forma independente.

Esta convocatoria realízase en réxime de concorrencia competitiva, e é requisito imprescindible que as entidades solicitantes teñan a súa sede no termo municipal da Coruña e figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña, REMAC. As actividades subvencionadas poden programarse para a seren realizadas antes do 31 de decembro do ano da convocatoria e/ou tamén pode solicitarse a subvención para accións xa realizadas no primeiro trimestre deste ano..

Para recibir asesoramento e para resolver calquera dúbida relacionada coa presentación das solicitudes destas subvencións ou da execución dos programas e actividades subvencionables, estará dispoñible un servizo específico de apoio na Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

Prazo de solicitude

O prazo de solicitude para ambas as convocatorias comezará ao día seguinte da súa publicación no BOP, e a data de publicación é o 14 de abril de 2021.

>>> O prazo da convocatoria 2021 é do 15 de abril ao 14 de maio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión