Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tes unha idea para Nocturnia?

Aberta a recepción de propostas para a nova edición de Nocturnia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/01/2019 ata o 24/01/2019

Xa rematou

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Documentos:

Modelo para a presentación de orzamentos (30 KB)

Do 14 ao 24 de xaneiro do 2019 ábrese un novo período no que asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poderán enviar proxectos e propostas para participar na elaboración e deseño do programa de primavera de Nocturnia, de febreiro a xullo de 2019, xerando así un proxecto global de participación xuvenil.

Os proxectos ou propostas presentadas artellan os 4 eixes nos que xira o programa (ámbito físico-deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo), sendo estes flexibles e variables segundo as propostas de cada edición e abertos a todas as propostas innovadoras que teñades.

TEDES UN PROXECTO OU UNHA IDEA PARA NOCTURNIA?

Enviade a vosa proposta a nocturniacoruna@gmail.com, coa seguinte información:

Datos de contacto:

  • Nome e apelidos, teléfono de contacto, DNI, correo electrónico da persoa que presenta a proposta (persoa responsable).
  • Indicar se quen presenta é:
    • Entidade (asociación, club, fundación...) e tipo (xuvenil, cultural etc...)
    • Colectivo non formal
    • Empresa / autónomo
  • Presentación persoal ou da entidade

Descrición da proposta:

  • Título e breve descrición da proposta
  • Obxectivos da proposta
  • Número máximo de persoas destinatarias
  • Necesidades técnicas e recursos materiais
  • Custo de realización (debe incluír o custo total do proxecto: persoal, materiais...)

Orzamento:

  • Datos de quen emite o orzamento
  • Coste total e desglosado da realización do proxecto
  • IVA desglosado e IRPF no caso de habelo

Se tedes algunha pregunta sobre o proceso de envío, podedes poñervos en contacto co programa a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión