Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tes unha idea para Nocturnia?

Aberto o prazo de achega de propostas

A quen vai dirixido:

Xuvenil

Cando:

Dende o 20/01/2020 ata o 31/01/2020

Xa rematou

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Hashtag:

#nocturnia

Organiza:

Área de Benestar Social

Servizo de Participación e Mocidade

Contacto:

Documentos:

Como enviar propostas ou proxectos a Nocturnia (485 KB)

Modelo de orzamento (559 KB)

Un ano máis contaremos cunha nova edición do programa de ocio saudable para a mocidade Nocturnia, organizado pola área de Benestar Social do Concello da Coruña, a través do servizo de Participación e Mocidade.

Para esta nova edición, que irá desde os meses de marzo a xullo, gustaríanos contar coas vosas propostas e achegas.

TEDES UN PROXECTO?

Do 20 ao 31 de xaneiro do 2020 ábrese un novo período no que asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poderán enviar proxectos e propostas a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com , para que participen na elaboración e deseño do programa de primavera, xerando así un proxecto global de participación xuvenil.

Os proxectos ou propostas presentadas artellan os catro eixos nos que xira o programa (ámbito físico-deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo), sendo estes flexibles e variables segundo as propostas de cada edición e abertos a todas as propostas innovadoras que teñades.

Ao presentar unha proposta, esta debe levar os datos que se relacionan a continuación:

DATOS DE CONTACTO

  • Nome e apelidos, teléfono de contacto, dni, correo electrónico da persoa que presenta a proposta (persoa responsable).
  • Indicar se quen presenta é:
    • Entidade (asociación, club, fundación...) e tipo (xuvenil, cultural etc...)
    • Colectivo non formal
    • Empresa/autónomo
  • Presentación persoal ou da entidade

DESCRICIÓN DA PROPOSTA

  • Título e breve descrición da proposta
  • Obxectivos da proposta
  • Número máximo de persoas destinatarias
  • Necesidades técnicas e recursos materiais
  • Custo de realización (debe incluír o custo total do proxecto: persoal, materiais, )

Orzamento detallado (segundo o modelo a descargar):

  • Datos de quen factura.
  • Coste de realización total do proxecto desglosando cada concepto que se factura
  • IVE desglosado e/ou IRPF (no caso de habelo):
    • NOTA sobre o IVE: En caso de estar exentos/as do IVE, deberá aparecer ao final da factura o artigo que xustifica a exención. En caso de ter un IVE reducido deberá especificarse o motivo.
    • NOTA sobre o IRPF: en caso de ter un IRPF reducido deberá especificarse o motivo.

Se tedes algunha pregunta sobre o proceso de envío non dubidedes en poñervos en contacto co programa a través do correo electrónico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión