Aberto o prazo de achega de propostas
Juvenil
Desde el 20/01/2020 hasta el 31/01/2020
Ya ha finalizado
Área de Benestar Social
Servizo de Participación e Mocidade
Un ano máis contaremos cunha nova edición do programa de ocio saudable para a mocidade Nocturnia, organizado pola área de Benestar Social do Concello da Coruña, a través do servizo de Participación e Mocidade.
Para esta nova edición, que irá desde os meses de marzo a xullo, gustaríanos contar coas vosas propostas e achegas.
TEDES UN PROXECTO?
Do 20 ao 31 de xaneiro do 2020 ábrese un novo período no que asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poderán enviar proxectos e propostas a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com , para que participen na elaboración e deseño do programa de primavera, xerando así un proxecto global de participación xuvenil.
Os proxectos ou propostas presentadas artellan os catro eixos nos que xira o programa (ámbito físico-deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo), sendo estes flexibles e variables segundo as propostas de cada edición e abertos a todas as propostas innovadoras que teñades.
Ao presentar unha proposta, esta debe levar os datos que se relacionan a continuación:
DATOS DE CONTACTO
DESCRICIÓN DA PROPOSTA
Orzamento detallado (segundo o modelo a descargar):
Se tedes algunha pregunta sobre o proceso de envío non dubidedes en poñervos en contacto co programa a través do correo electrónico.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible