Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
COMO SE PODE PARTICIPAR?
Unha vez que descubriches Nocturnia e sabendo que é un programa que busca a participación nos diferentes procesos que leva, tes moitas formas de participar. Aínda non sabes cales?
QUERES COMPARTIR UNHA SUXESTIÓN OU UN INTERESE?
Gústanos coñecer os vosos intereses, inquietudes e... as vosas ideas! Se queredes facernos unha suxestión para o programa podédelo facer a través das diferentes canles do programa:
TES UN PROXECTO?
Durante os meses previos a realizar o programa, ábrense periodos onde asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poden enviar proxectos e propostas a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Xuventude, para que participen na elaboración e no deseño da proposta, xerando así un proxecto global de participación xuvenil. A apertura destes procesos de participación adoita coincidir nos meses de xaneiro e setembro.
Os proxectos ou propostas presentadas articulan os catro eixos nos que xira o programa (ámbito físico-deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo) que son flexibles e atenden ás propostas de cada edición.
Ao presentar unha proposta, esta debe levar os datos que se relacionan a continuación:
DATOS DE CONTACTO
DESCRICIÓN DA PROPOSTA
ORZAMENTO DETALLADO
QUERES ASISTIR ÁS ACTIVIDADES?
Cada edición do programa conta co seu proceso específico de inscrición. Cada semana poderás escoller as actividades que sexan do teu interese. Podes ir a máis dunha actividade sempre e cando non coincidan en horario. Lembra que para poder asistir ás actividades debes cumprir co requisito da idade, o que implica estar na franxa de entre 12 e 30 (ambos incluídos).
Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal e realizarase a través da web no apartado de "inscrición", habilitado desde o día que se abre o programa. A apertura de inscricións sucede cada luns ás 16.00 h e remata os xoves ás 12.00 h ou ao esgotarse as prazas.
MÁIS INFORMACIÓN
Toda a información do programa pode encontrarse en diferentes medios e formatos facilitando o acceso a información a todas as personas destinatarias.
Información soporte 2.0
Web de información: www.coruna.gal/participacion
Web de información: www.coruna.gal/cmix
Facebook: Nocturnia Concello da Coruña Coruña
Twitter: @NocturniaCoruña
Instagram: @nocturniacoruna
Información soporte físico
A cartelería e os folletos do programa están dispoñibles en:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible