Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Inscrición

Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal.

No programa de cada edición e na web aparecerá indicado o prazo de inscrición en cada actividade: día e hora de inicio e de remate. A inscrición permanecerá aberta ata as 12.00 h do día sinalado como data de fin de inscricións ou ata esgotárense as prazas.

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalles un ollo a todas as actividades. Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de entre 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Mira as datas, os lugares e as horas nas que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións.

3. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. Ah! Se as actividades son de continuidade só tes que te inscribires unha vez.

4. Se xa sabes a cales ir, inscríbete nos prazos axeitados. OLLO, que hai novidades!

As inscricións ábrense os luns ás 16.00 h e cérranse os xoves ás 12.00 h, ou ata esgotárense as prazas.

5. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que te inscribires unha vez.

6. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

IMPORTANTE: non esquezas traer ou teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descargar aquí), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

Inscríbete [ligazón habilitada só en períodos de inscrición]

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión