Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Cando:

11 de maio de 2017

A Concellería de Participación impulsa o laboratorio cidadán CoLab a través da convocatoria para seis proxectos de innovación social “que xeren impacto na cidade”

A concelleira Claudia Delso salienta a aposta do Goberno local polos procesos de participación e innovación social, aos que este ano se destinan 130.000 euros, para proxectos e outras actividades

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, presentou este xoves as convocatorias que o Concello pon a andar neste 2017 no marco do laboratorio cidadán da Coruña, CoLab, un proxecto de innovación social dirixido a deseñar e poñer en marcha mecanismos de produción de coñecemento colaborativos, abertos e reutilizables. "O CoLab é unha aposta que fai o Goberno municipal polos procesos de participación e innovación social", recordou a responsable municipal, indicando que o obxectivo deste tipo de espazos de produción de coñecemento por medio de distintos grupos de traballo e de investigación é xerar "contextos e entornos de aprendizaxe práctica, para entidades e organizacións, colectivos ou persoas con interese en desenvolver proxectos de innovación social na cidade da Coruña, e nos que a cidadanía é o principal axente dinamizador e produtor de coñecemento".

Neste sentido, as iniciativas para impulsar este laboratorio pasan, sinalou Delso, pola posta en marcha dunha convocatoria destinada a proxectos de participación e innovación social que xeren impacto na cidade, ou tamén na área metropolitana ou en Galicia, para o que o Concello destina un total de 60.000 euros, para un máximo de seis proxectos (ata 10.000 euros por cada un). Do mesmo xeito, a concellería abrirá unha convocatoria para persoas mediadoras, "figuras fundamentais neste tipo de espazos", para desenvolver accións de mediación que poñan en relación os proxectos resultantes da convocatoria de proxectos específicos e xeren relacións e interrelacións entre estes e outros proxectos e axentes da cidade ou do ámbito galego. "Estas figuras de mediación son pezas de referencia para contribuír a xerar comunidades de aprendizaxe, que son outro dos elementos fundamentais dos laboratorios cidadás", apuntou. Neste caso, a convocatoria supón un investimento  de 21.750 euros, para seis persoas. Como salientou a concelleira, a estas convocatorias súmanse as distintas actividades públicas de participación e innovación social que porá en marcha o Concello ao longo do ano, co-organizadas coas persoas participantes no CoLab. En total, as accións arredor do laboratorio cidadán da Coruña para este ano roldarán os 130.000 euros "para as distintas convocatorias que configuran os  formatos de traballos para dar lugar ao laboratorio", fixo notar.

"Enfocamos a innovación social dun xeito que teña un impacto social real, que aborde de forma transversal os distintos retos que poidan plantexar os e as participantes", declarou a concelleira. "O espazo do laboratorio cidadán non é algo que esteamos inventando na Coruña, senón que son entornos que funcionan en distintas cidades do mundo a través de distintos dispositivos de escoita", quixo poñer de relevo. Como tamén recordou durante a súa comparecencia a concelleira, o CoLab deu os primeiros pasos o ano pasado, a través dunha investigación en laboratorios cidadáns e dun proceso de co-deseño colaborativo, con máis de 90 axentes de toda a cidade do resto de Galicia, ao longo novembro  de 2016 no Ágora. A este respecto, Delso lembrou que toda a información xerada no co-deseño deste laboratorio está colgada na web www.colab.coruna.gal e dentro do espazo web A Forxa, "un respositorio transmedia que alberga a documentación que foi xerada nas xornadas do mes de novembro, como entrevistas e todos os documentos de traballo, para quen estea interesado en consultar".

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?