Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Cando:

9 de maio de 2018

A plataforma A Porta Aberta rexistra máis de 400 propostas cidadás para os Orzamentos Participativos, cuxa fase de achegas rematará o luns 14 de maio

A praza da Cubela acolle o vindeiro sábado un espazo presencial de participación desde as 17.00 horas. Contará cun espazo infantil para facilitar a conciliación a quen queira achegarse para informarse ou rexistrar novas propostas

A Concellería de Participación e Innovación Democrática informa que a plataforma dixital A Porta Aberta rexistrou, desde a posta en marcha da terceira edición dos Orzamentos Participativos, máis de 400 propostas de investimento para a cidade e os distritos.O portal http://aportaaberta.coruna.es é a ferramenta a través da cal calquera persoa empadroada na Coruña e con 16 anos cumpridos pode facer as súas propostas de investimento, que se poden dirixir a calquera ámbito sempre que cumpran cos requisitos básicos, como que sexan de competencia municipal, legais e viables tecnicamente. En total, o Concello destinará 3 millóns de euros para este programa, dos cales 2 millóns repartiranse equitativamente entre os dez distritos, e 1 para toda a cidade.

A área que dirixe Claudia Delso lembra que a plataforma estará aberta para recibir propostas veciñais até as 12 da noite do 14 de abril. Tamén ata este día estarán habilitados os puntos de axuda, información e apoio á participación dispostos polo Concello para facilitar a participación en todas as bibliotecas municipais, nos centros cívicos, Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e na sede da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana.

Co obxectivo de promover a participación cidadá no programa, o goberno local ampliou nesta edición o número de eventos e espazos informativos na rúa. O último celebrarase este sábado 12 na praza da Cubela, entre as 17.00 e as 21.00 horas, nun acto de apoio que o equipo técnico dos Orzamentos Participativos disporá do equipamento necesario para que as persoas que queiran rexistrarse e facer propostas ou simplemente informarse sobre o proceso poidan facelo nese mesmo momento. Haberá tamén. como é habitual nos eventos promovidos pola Concellería, un espazo infantil para quen se achegue con crianzas e facilitar así a participación activa. Finalmente, e tamén durante esta semana, terá lugar o derradeiro encontro de debate e de participación desta fase, que será na ONG Viraventos o venres 11 de maio a partires das 16.00 horas. Para máis información sobre todo o programa e accións, pódese consultar o web municipal www.coruna.gal/participacion así como a propia plataforma http://aportaaberta.coruna.es, na que se pode visualizar o estado da execución dos proxectos escollidos pola veciñanza nas anteriores edicións dos Orzamentos Participativos.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?