Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Cando:

9 de outubro de 2018

O Concello abre o prazo de solicitude para participar no programa de Antenas de Información Xuvenil para o curso 2018-2019

A proposta busca correspondentes entre o alumnado matriculado nos centros educativos para difundir novas que poidan resultar de interese entre a mocidade

O Concello pon en marcha para o curso 2018-2019 o programa de acción voluntaria Antenas de Información Xuvenil, que promove a creación dunha rede de difusión de contidos de interese para a mocidade entre os centros educativos da cidade. A iniciativa, que impulsa a Concellería de Participación e Innovación Democrática a través do departamento de Mocidade e que celebra a súa 28ª edición, propón a constitución dun servizo informativo dependente do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), pero que xestiona o propio alumnado matriculado nas instalacións nas que se desenvolve o programa, que poden ser os centros educativos públicos --IES, CIFP, EOI, EASD Pablo Picasso, Conservatorio Profesional de Música-- ou nos centros concertados con ESO e Bacharelato que se atopan no termo municipal. As persoas de entre 15 e 30 anos que desexen participar no programa  deberán difundir e manter actualizada a información que lles proporcionará e xestionará o CMIX. A cambio do seu labor como correspondentes, poderán contar con entradas para eventos organizados polo Concello, ademais de recibir gratuitamente os carnés vinculados á mocidade --Carné Xove ou alberguista, entre outros-- así como formación específica en materia de información xuvenil. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto até o mércores 24 de outubro, ás 20.00 horas. Para máis información sobre o programa, pódese consultar a páxina web do propio CMIX, www.coruna.gal/cmix, así como visitar o servizo, situado no Fórum Metropolitano, ou chamar ao teléfono 981.184.294

Documentos:

Folleto e solicitude Antenas de Información Xuvenil 2018-2019 (2 MB)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?