Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Cando:

8 de maio de 2018

O Concello promove a constitución dunha Mesa Cidadá da Cidade Vella, un espazo de traballo participado cos axentes do barrio dentro do plan de revitalización para este ámbito

Están convidadas a colaborar as asociacións veciñais e de comercio do barrio, así como representantes dos distintos centros educativos do barrio, entidades culturais, centro cívico, militares e relixiosas

A Concellería de Participación e Innovación Democrática celebra este martes unha xuntanza á que están convidadas as principais entidades da Cidade Vella, de cara a constituír a Mesa Cidadá da Cidade Vella, un espazo de traballo no que "acompañar e facer seguimento" das medidas que se porán en marcha para seguir avanzando na mellora integral do barrio tras a súa inminente peonalización, tal e como indica a responsable do departamento, Claudia Delso. O plan de revitalización do Goberno local para esta zona está orientado a unha transformación transversal da Cidade Vella, máis alá das restricións ao tráfico de vehículos, a través dunha serie de accións e medidas específicas, segundo os diversos eixes de traballo abertos, que se presentarán esta tarde nesta Mesa Cidadá cos principais axentes do barrio histórico da cidade.

"A esta xuntanza para a constitución da Mesa están convidadas a participar entidades coas que o Concello leva mantendo unha interlocución individualizada durante todo o proceso. Na fase que se inicia agora queremos contar cunha posta en común de todas elas, nun órgano temporal pero máis formal, no que poidamos facer un acompañamento e un contraste do plan de revitalización", indica Delso.  Nesta primeira reunión están chamadas a participar a asociación veciñal da Cidade Vella, a asociación de comerciantes ACECA, o centro cívico do barrio e representantes da comunidade escolar, cultural, militar e relixiosa do barrio, "sen que isto indique que se vai conformar unha mesa pechada a novas incorporacións", apunta a edil.

Delso lembra que, ademais desta mesa, o Goberno local ten convocada unha presentación pública do plan de revitalización aberta para toda a cidadanía, que se celebrará o 14 de maio ás 19.30 horas no colexio Dominicos.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?