2018: Orzamentos participativos: propostas da cidadanía

Informe de execución

O Concello reservou tres millóns de euros do orzamento do ano 2019 para que a cidadanía decidise que investimentos levar a cabo, presentando propostas de proxectos ata un millón de euros para a cidade e ata dous millóns de euros repartidos entre os dez distritos que a conforman. 49 proxectos foron seleccionados pola cidadanía.

Podes consultar o estado de execución dos proxectos no seguinte informe de seguimento:

Ámbito Título Área responsable Fase na que está (*) Porcentaxe de avance
Toda a cidade Máis árbores e zonas verdes na cidade Medio ambiente FINALIZADO 100%
Toda a cidade Reverdecer o paseo marítimo Medio ambiente FINALIZADO 100%
Toda a cidade Instalación de desfibriladores en edificios públicos Xustiza social e coidados ESTUDO 25%
Toda a cidade Mesas merendeiro en prazas e parques Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Toda a cidade Reservar instalacións deportivas municipais en liña (na actualidade é imposible) Deportes ESTUDO 25%
Toda a cidade Favorecer o uso da bicicleta Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Toda a cidade Creación de puntos limpos de proximidade Medio ambiente ESTUDO 25%
Toda a cidade Mellora/creación do carril bici Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Toda a cidade Fontes e baños públicos Medio ambiente ESTUDO 25%
Toda a cidade Iluminación do Obelisco Millennium Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 1 Plantación de árbores no paseo marítimo Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 1 Rexeneración da praia de Bens: ampliación do arborado Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 1 Reparación de parque infantil Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 1 Finalización de obra de recollidas de pluviais Nostián Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 2 Proposta de instalación dun rocódromo ao aire libre no parque de Bens Deportes ESTUDO 25%
Distrito 3 Renovación do parque infantil do Complexo Deportivo de Elviña Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 3 Base de BiciCoruña no Complexo Deportivo de Elviña Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 3 Recuperar os antigos camiños de carro no Lugar de Cances Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 3 Recuperar os antigos camiños de carro de Cances 2 a Silva 81 Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 3 Restauración lavadoiro público de Cances de manancial natural Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 4 Parque infantil na Urbanización Breogán Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 4 Creación de parada de bus accesible e edificio abandonado Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 4 Arranxar o camiño ao Castro de Elviña desde o Centro Cívico de Feáns Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 4 Cubrir algúns parques infantís Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 5 Área de xogos Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 5 Recuperación de rede viaria tradicional Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 5 Espazo de lecer e xogos na contorna das pistas entre a rúa Estocolmo e a rúa Nápoles Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 5 Iluminación e fontes en zonas comúns da Urbanización Valaire Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 5 Instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 6 Plantación de árbores desde a Avda. de Lamadosa, 5 e a cúpula de Eirís Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 6 Creación dunha senda ciclista segura no barrio Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 6 Rehabilitación das fontes tradicionais de Eirís Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 6 Estación de Bici Coruña no parque de Eirís Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 6 Instalación para unha concesión dun quiosco/cafetería no parque de Eirís Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 7 Naturalización entrada túneles Salgado Torres Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 7 Barreira de árbores entre Salgado Torres e Elviña Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 7 Beirarrúas na Avda. San Cristóbal entre O Birloque e Matogrande Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 7 Reducir velocidade na rotonda de Paxariñas Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 8 Zona de xogos e lecer na praza Fábrica de Tabacos Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 8 Plantar árbores na rúa Industrial e na Avda. Arteixo, 18 Medio ambiente ESTUDO 25%
Distrito 8 Estación de bicicoruña na Avda. dos Mallos Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 9 Novo Parque Verde en Ventorrillo-Agra de Orzán Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 9 Circuíto de running e canastras de baloncesto no parque de Santa Margarida Deportes ESTUDO 25%
Distrito 9 Pacificación do tráfico na contorna CEIP de Prácticas e IES Salvador de Madariaga Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Distrito 9 Abrir e reacondicionar a zona do parque de Sta. Margarida encima do palacio Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 10 Xardín vertical na rúa Barrera Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 10 Plantar árbores nas rúas de Montealto Medio Ambiente ESTUDO 25%
Distrito 10 Bosque en Carlos Casares Medio Ambiente FINALIZADO 100%
Distrito 10 Reordenación da rúa San Xosé, ampliación de beirarrúas e anulación das prazas de aparcadoiro Infraestruturas e Mobilidade ESTUDO 25%
Tipos de proxectos

Descrición das fases dos proxectos (*)

Os proxectos aprobados pasan por distintas fases na súa execución desde a redacción técnica da proposta ata a súa finalización.

Estas son as fases:

  • Redacción/estudo: a área municipal responsable da execución do proxecto está a realizar o estudo de detalle ou realizando o proxecto técnico correspondente.
  • Contratación: o proxecto técnico redactado está en fase de licitación/contratación.
  • Execución: o proxecto está en fase de execución.
  • Finalizado: o proxecto foi executado e finalizouse.