Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de septiembre de 2019

A Concellería de Mobilidade informa a cidadanía das alteracións no tráfico habitual con motivo do Campionato de España de Tríatlon que se realiza esta fin de semana

Tamén haberá liñas de buses afectadas polo campionato desde o sábado ás 15.00 h ata o domingo pola tarde

Esta fin de semana, durante a tarde do sábado e a mañá do domingo, realízase na Coruña o Campionato de España de Tríatlon. Debido a isto, desde a Concellería de Mobilidade infórmase das seguintes alteracións no tráfico habitual da cidade.

Sábado, 28 de setembro

Realizaranse as probas das categorías de Elite Feminina e Masculina, xerando as seguintes alteracións no tráfico das 15.00 ás 21.00 horas.

  • Corte total da avenida da Mariña - Cantóns.
  • Corte no sentido de entrada da cidade da praza de Mina - Sánchez Bregua - Túnel dos Castros.
  • Corte dos carrís esquerdos de ambos os sentidos da avenida Linares Rivas - Primo de Rivera - avenida do Exército (ata a entrada ao túnel dos Castros). Mantense un carril de conexión desde a glorieta da rolda de Outeiro cara ao túnel.
  • Corte na saída da estrada do Porto cara á Casa do Mar. Mantense o sentido de entrada desde a avenida do Exército cara ao porto.

Para a execución dos ditos cortes, hai que habilitar os seguintes desvíos:

  • Habilítase un carril para cada sentido de circulación desde a praza de Ourense ata o viaduto de Alfonso Molina na beirarrúa de entrada á cidade (do lado do porto). Comeza a súa montaxe ás 13.00 horas.
  • O tráfico de entrada pola avenida da Pasaxe AC-12 desviarase ao enlace de Casablanca.
  • O tráfico de saída do porto desvíase cara a Oza e mantense a entrada pola avenida do Exército - Casa do Mar.
  • Mantense un carril no sentido de saída da cidade, desde a praza da Mina cara a Alfonso Molina.
  • Mantense un carril no sentido de saída da cidade desde a praza da Palloza cara ao túnel dos Castros pasando pola glorieta da rolda de Outeiro.

O percorrido de ciclismo pasará por:  praza de María Pita, María Barbeito, avda. de Montoto, avda. da Mariña, Cantón Grande, Cantón Pequeno, praza de Mina, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera, praza da Palloza, avda. do Exército ata a rúa José Luis Cereijo, polos carrís do túnel de saída da cidade. Dá volta polas mesmas rúas e serán 8 voltas.

O percorrido da carreira a pé pasará por: praza de María Pita, María Barbeito, avda. de Montoto, avda. da Mariña, Cantón Grande, Cantón Pequeno, praza de Mina e volve polas mesmas rúas.

Domingo, 29 de setembro

O domingo realizaranse as probas das categorías de Grupos de Idade e Paratríatlon que xerarán as seguintes alteracións no tráfico entre as 7.30 e 15.00 horas:

  • Corte total da avenida da Mariña - Cantóns - Túnel dos Castros
  • Corte no sentido de entrada á cidade da praza de Mina - Sánchez Bregua
  • Corte dos carrís esquerdos de ambos os sentidos en Linares Rivas - Primo de Rivera - avenida do Exército (tanto do viaduto coma do túnel. Mantense un carril lateral en sentido de saída da cidade cara á glorieta da rolda de Outeiro - miradoiro dos Castros cara á estrada do Porto.
  • Corte na saída da estrada do Porto cara á Casa do Mar. Mantense o sentido de entrada desde a avenida do Exército cara ao Porto.                     

Para a execución de ditos cortes deberanse habilitar os seguintes desvíos:

  • Habilitarase un carril para cada sentido de circulación desde a praza de Ourense ata o viaduto de Alfonso Molina na beirarrúa de entrada á cidade do lado do porto. Comezará a montaxe sobre as 13.00 horas.
  • O tráfico de entrada pola avenida da Pasaxe AC-12 desvíase ao enlace de Casablanca.
  • O tráfico de saída da cidade pola avenida de Exército desvíase cara á glorieta da rolda de Outeiro - Miradoiro dos Castros - enlace de Casablanca e incorpórase ao tronco da AC-12 á altura do Hospital San Rafael.
  • O tráfico de saída do porto desvíase cara a Oza e mantense a entrada pola avenida do Exército - Casa do Mar.
  • Mantense un carril no sentido de saída da cidade desde a praza de Mina cara a Alfonso Molina.
  • Mantense un carril no sentido de saída da cidade desde a praza da Palloza cara ao túnel dos Castros pasando pola glorieta da rolda de Outeiro.

O percorrido de ciclismo pasará por:  praza de María Pita, María Barbeito, avda. de Montoto, avda. da Mariña, Cantón Grande, Cantón Pequeno, praza de Mina, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera, praza da Palloza, avda. do Exército ata a rúa José Luis Cereijo, polos carrís do túnel de saída da cidade. Dá volta polas mesmas rúas e serán 8 voltas.

Outras alteracións:

  • O circuíto de carreira a pé realízase pola zona peonil e carril bici da contorna do Paseo do Parrote - Castelo de San Antón, dique de abrigo, sen alteracións no tránsito rodado.
  • Nas zonas de estacionamento que estean dentro do percorrido sinalizarase a prohibición de "desestacionar" mentres se realice o evento: sábado de 15.00 a 21.00 h, e domingo de 7.30 a 15.00 h, salvo que teñan un carril habilitado.
  • Paradas de taxis afectadas:

Cantóns ......................... Suprimida

Casa do Mar .................. Mantense

Paseo daDársena ...... Mantense

  • As liñas de buses  cuxos percorridos se vexan afectados pola proba deberán realizar o itinerario habitual para estes cortes, consistentes en ir a Catro Camiños - Castiñeiras de Abaixo - Viaduto Alfonso Molina - Linares Rivas -  adva. do Porto - túnel da Mariña / María Pita.
  • Os buses INTERURBANOS só poderán entrar ata a Praza da Palloza. Anúlanse as paradas da praza de Ourense,  Entrexardíns e Costa da Palloza (no sentido de saída da cidade), nas franxas horarias dos cortes e recupérase o itinerario habitual o sábado a partir das 20.15 h e o domingo a partir das 14.00 h, xa que se recuperaría o tráfico ata a praza de Mina deixando aos buses acceder ata Entrexardíns.

É importante recordar que a meta estará situada na praza de María Pita.

LIÑAS DE TRANSPORTE AFECTADAS

As liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A: desde Catro Camiños e en dirección cara a Porta Real desviaranse por Castiñeiras, viaduto de Alfonso Molina, praza de Ourense, avenida do Porto, túnel do Parrote e Abente y Lago. As liñas 5 e 17 continúan polo seu itinerario habitual. As demais liñas, desde o Abente y Lago continuarán pola Mestranza, praza de España, Panadeiras, San Andrés, praza de Pontevedra, Juana de Vega e praza de Ourense, desde onde cada unha delas retomará o seu itinerario habitual.

As liñas 3 e 7, ao non poder circular por Santa Catalina, continuarán por Santo André, rúa Alta, Pareo Marítimo, rúa Hospital, San Roque, praza de España, praza das Atochas, Veramar, Paseo Marítimo, Abente y Lago e Mestranza, onde recuperan o seu itinerario habitual.

A liña 3A, en sentido de circulación Durmideiras - praza de Pontevedra, desde o Abente y Lago volverá por Mestranza cara á praza de España, Panadeiras e Santo André. Incorpórase na praza de Pontevedra ao seu itinerario habitual.

A liña 17, en sentido de circulación cara ao CHUAC, desde o Abente y Lago volverá pola Mestranza cara á praza de España, Panadeiras, Santo André, praza de Pontevedra e Juana de Vega para recuperar o seu itinerario na praza de Ourense.

As liñas 21, 22 e 24 desde Catro Camiños circularán por Federico Tapia, praza de Galicia e Francisco Mariño. Farán cabeza de liña en Juan Flórez núm. 10 as liñas 22 e 24 e continuará a liña 21 ata Juana de Vega.

A liña 14, desde Os Castros, circulará pola avenida de Oza xa que a avenida do Exército estará ocupada polas/os participantes na proba deportiva.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?