Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

16 de marzo de 2019

A Concellería de Rexeneración Urbana aproba o proxecto de reurbanización da rúa Damas, un investimento de 1,5 millóns que permitirá mellorar o pavimentado e actualizar a subministración dos servizos

A actuación, que forma parte dun plan de obras para a revitalización da Cidade Vella, renovará as canalizacións de abastecemento de auga e as de saneamento

A Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda vén de aprobar o proxecto definitivo para contratar a reurbanización da rúa Damas, unha vez que conta coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio. A obra forma parte dun paquete de actuacións de urbanización que o Goberno local está a acometer no casco histórico dentro do plan de revitalización do barrio e que permitirá actuar en cinco espazos clave da Cidade Vella. O plan inclúe a reurbanización da rúa Nosa Señora do Rosario, abordar a segunda fase da repavimentación do ámbito da Maestranza, intervencións no entorno da Fundación Luís Seoane e obras en Cortaduría, ademais da actuación na rúa Damas. O orzamento para o conxunto de actuacións é superior aos tres millóns de euros.

O proxecto da rúa Damas é o máis grande que se desenvolverá dentro deste paquete de urbanizacións. Cun orzamento base de licitación de 1.580.000 euros, a actuación mellorará o pavimento da rúa, conservando os elementos decorativos de cantos rodados da década dos anos 50, e permitirá renovar todos os servizos existentes no subsolo. O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, sinala que a obra "vai respectar e manter o deseño existente na rúa, así como todas as pezas de cantería posibles". "Trátase dunha actuación cun prazo de execución de 12 meses na que boa parte dos traballos serán realizados de maneira artesanal. Vanse retirar pezas de cantería e, unha vez realizadas as actuacións no subsolo, volverán a colocarse na súa situación orixinal. Só se substituirán aquelas pezas que presenten un deterioro evidente. Tamén se colocarán novas lousas onde agora existen parcheados de formigón e se porá en valor o afloramento rochoso á altura da Casa da Veeduría", explica.

A intervención de reurbanización permitirá renovar todos os servizos urbanos que están no subsolo, como son os abastecementos de auga e saneamento, que mellorará coa separación de augas pluviais e fecais. "Con esta actuación, poderanse reconducir polo subsolo as conducións do subministro de electricidade, de telecomunicacións e do alumeado que se atopan en superficie, coa conseguinte mellora do espazo público", apunta Varela, quen avanza que esta obra tamén permitirá dotar de subministro de gas aos inmobles da rúa. Dentro de este plan de obras para a revitalización da Cidade Vella, a Xunta do Goberno local deu tamén o visto bo no mes de febreiro ao proxecto de urbanización da rúa Nosa Señora do Rosario, que precisou da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio e que ten por obxecto a reforma da rúa e do espazo de Porta de Aires para a supresión de beirarrúas e a formación dunha plataforma única con pavimentos de cantería.

Estas obras de urbanización da Cidade Vella enmárcanse dentro das liñas de operación contidas no proxecto EidusCoruña, que está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (antes POCS).

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?