Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de octubre de 2019

A Coruña acollerá o Congreso PLEA 2020 onde máis de 300 expertos de todo o mundo debaterán sobre arquitectura e urbanismo sustentable

O simposio, organizado en A Coruña polo profesor da Universidade Jorge Rodríguez, terá lugar do 1 ao 3 de setembro e contará coa presenza de urbanistas e arquitectos de relevancia internacional

A Coruña acollerá do 1 ao 3 de setembro o Congreso Plea 2020 onde máis de 300 expertos en arquitectura e urbanismo sustentable debaterán sobre "Cidades post carbón" e figuras de relevancia internacional participarán en sesións plenarias abertas ao público.

A alcadesa, Inés Rey, e o edil de Urbanismo Juan Villloslada, mantiveron esta semana un encontro con Jorge Rodríguez Álvarez, profesor da Universidade e organizador na Coruña do simposio, que lles presentou o programa de actos e actividades que se organizarán neste foro, un dos congresos de arquitectura e sustentabilidade máis importantes do mundo que se celebra por segunda vez nunha cidade española. O Concello mostrou un gran interese no desenvolvemento deste Congreso e transmitiu o seu total apoio e facilidades na organización do mesmo.

No simposio, os expertos explorarán a interacción entre investigación, tecnoloxía e deseño para definir e planificar cidades futuras. O obxectivo da conferencia é reunir a deseñadores, académicos, investigadores, estudantes e profesionais na procura de contornas mellores e máis sustentables.

PLEA é unha organización sen fins de lucro que actúa como un foro internacional e interdisciplinario que promove investigacións, conferencias, talleres, asesorías, e exposicións arquitectónicas relacionadas co deseño bioclimático.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?