Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de septiembre de 2019

A Coruña camiña firme cara ao deporte inclusivo co proxecto “Escoita”

O Concello organiza unha mesa de traballo para a posta en marcha do proxecto “Escoita”, unha iniciativa que permitirá que as persoas con discapacidade visual poidan desfrutar dos eventos deportivos da cidade en tempo real.

O Concello da Coruña puxo en marcha esta mañá unha mesa de traballo para supervisar a evolución do proxecto "Escoita", impulsado pola Concellería de Deportes que dirixe Juan Ignacio Borrrego e que lles permitirá ás persoas con discapacidade visual recibir en tempo real a audio-descrición dos eventos deportivos que se realicen no Estadio de Riazor e nos pavillóns deportivos. Persoas que necesitan de dispositivos sonoros que os guíen sobre o que está acontecendo en todo momento, e así desfrutar dos encontros. Un proxecto pioneiro en España no camiño de favorecer a accesibilidade de persoas con dicapacidade visual nos eventos deportivos.  

Borrego mostrouse convencido de que "o sistema pódese trasladar a calquera evento deportivo, queremos que se coñeza por parte da Liga Profesional, da ACB e por todas as asociacións deportivas que poidan instalar un sistema que rompe barreiras". "Sería un primeiro paso para implantar en toda España este sistema de accesibilidade, non só en partidos de fútbol ou grandes eventos deportivos, senón en deportes non tan maioritarios, como o hóckey ou o balonmán", apuntou Borrego.  

O edil confía en que no mes de outubro sexa posible pór en marcha o proxecto "posto que as cuestións técnicas son facilmente asumibles. Tan só falta asinar o protocolo de uso para que as persoas saiban onde poden coller os dispositivos". 

Neste senso, anunciou o edil, o programa arrincará coa adquisición de entre dez e quince receptores e será o Real Club Deportivo o que ceda unha cabina no estadio para as retransmisións.  

No programa están involucrados ademais do Concello: o R. C. Deportivo da Coruña; a Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña; o Colexio de Telecomunicacións de Galicia; a Asociación da Prensa da Coruña; as emisoras de radio locais (Ser, Cope, Onda Cero, Radio Voz, Radio Marca, e Radio Galega) e a ONCE. "Unha alianza entre entidades deportivas, sociais e educativas", sinalou o edil, que non descarta novas incorporacións máis adiante. 

O sistema "Escoita" ten nome propio; Jesús Suárez, un afeccionado do Deportivo, cuxa frustración por non poder gozar dun partido do Fabril o levou a idear o sistema que contou coa colaboración no apartado de transmisións de Javier Fraga do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, quen o asesorou na parte técnica.  

A voz da narración do evento deportivo correrá a cargo do alumnado do Máster da Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña que contarán co apoio das/os xornalistas radiofónicos da cidade a través da colaboración totalmente desinteresada nesta iniciativa deportivo e social das distintas emisoras locais. As e os xornalistas e técnicos da ONCE traballarán man a man co alumnado para retransmitir os eventos nun equipo coordinado por Alfonso Hermida (RTVG), Moncho Viñas e Adrián Menéndez (Radio Marca).  

O programa "Escoita" contará cun equipo transmisor, dotado con micrófono ou microauricular para a persoa narradora, así como de equipos portátiles, tamén con auricular ou microauricular, para as persoas que escoiten a retransmisión. Para optimizar o son e combinalo co son ambiental, establecerase un protocolo de uso similar ao que prestan os museos ou para o que existe no caso de necesidade de cadeiras de rodas. 

Aínda que podería pensarse que a radio convencional fai ese labor, as persoas con esa falta de accesibilidade din que nada máis lonxe da realidade: as emisoras emiten con latencia e atraso, con publicidade, comentarios ou desconexións que fan que as persoas con esta discapacidade non poidan seguir o evento.   

Nesta primeira toma de contacto con todas e todos os participantes no proxecto "Escoita" estiveron presentes, xunto ao edil de Deportes, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira, e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín. Ambos mostraron a súa intención de levar o proxecto ao ámbito educativo e social.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?