Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de diciembre de 2019

A expedición de alpinismo Amadablam 2020 partirá desde A Coruña con material solidario para as zonas rurais das montañas de Karakorum

A travesía con obxectivos solidarios presentouse esta mañá no Pazo Municipal e contou co apoio da Concellería de Deportes para a súa aventura humanitaria, que servirá de preparación aos alpinistas no seu reto de escalar o Everest

Esta mañá presentouse no Pazo de María Pita a expedición Amadablam 2020 aos medios de comunicación, coa participación do concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, os alpinistas coruñeses da Agrupación de Montañeiros Independentes Félix Criado e Íñigo Gutiérrez, o alpinista Álex Txikon e o director executivo de Dronebydrone, Ander García.

Os tres montañeiros enfróntanse ao reto de ascensión ao Everest sen osíxeno en estilo alpino en inverno (Everest Winter Challenge) e como preparación para este desafío o próximo mes de xaneiro levarán a cabo a primeira escalada nacional de inverno ao Ama Dablam, un pico veciño ao propio Everest, na rexión este do Himalaia, de 6.812 metros de altura.

A expedición Amadablam 2020 ten un obxectivo solidario: os alpinistas partirán desde A Coruña cara ao Nepal nun vehículo 4X4 e cruzarán 12 países e 13.000 km durante un mes, para levar material escolar, roupa de abrigo, fornos e placas solares a zonas rurais das montañas de Karakorum. A expedición ten pensado volver en motos de época, a través da Ruta da Seda polo norte da cordilleira do Himalaia, unha vez as estradas sexan xa transitables no verán.

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, agradeceulles aos alpinistas e á Agrupación de Montañeiros Independentes da Coruña o seu labor humanitario e aventureiro: "Grazas por levar o nome da Coruña ao outro lado do mundo, é unha honra para a cidade e para nós poder dicir que imos viaxar con vós nestes dous grandes retos", xa que esta viaxe por estrada contarase día a día a través das canles sociais e da prensa (La Voz de Galicia, Cadena SER, Radio Euskadi e TVG).

Sen dúbida, asegurou Borrego, trátase dunha "aventura solidaria, unha mostra máis de que a montaña une e é inclusiva", quen tamén lembrou que hoxe é o Día Internacional das Montañas.

O vehículo 4x4 en que partirán desde A Coruña leva exposto desde as 9.00 h ata as 17.00 h de hoxe na praza de María Pita, en fronte ao Pazo Municipal.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?