Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de noviembre de 2019

A Fundación Emalcsa publica a IV convocatoria do programa Cultura Accesible e Inclusiva

A Fundación destina a estas axudas un total de 100.000 euros por convocatoria, o que eleva a 400.000 o investimento nos últimos catro anos.

O programa "Cultura Accesible e Inclusiva", impulsado pola Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña, e coa colaboración da Fundación María José Jove, Repsol,  Vegalsa e Fundación Sabadell continúa a súa traxectoria co lanzamento da IV Convocatoria de axudas para o desenvolvemento de proxectos de Cultura Accesible e Inclusiva, que contempla tres fins diferentes

  • Aumentar a accesibilidade a lugares físicos ou virtuais onde se ofrezan representacións ou servizos culturais tales como teatros, museos, cinemas, bibliotecas, páxinas web ou outros.
  • Elaboración de material e/ou desenvolvemento de programación e de actividades culturais en formatos accesibles.
  • Fomentar que as persoas con discapacidade poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade.

A Fundación destina a estas axudas un total de 100.000 euros por convocatoria, o que eleva a 400.000 o investimento nos últimos catro anos.

Desde a creación do programa Cultura Accesible e Inclusiva a Fundación Emalcsa colaborou con 149 entidades no desenvolveron 62 proxectos. Ata o de agora, 11.733 persoas resultaron beneficiarias das actividades desenvoltas no marco do programa, que continúa con esta cuarta convocatoria.

As bases da nova convocatoria integran pequenas melloras como a posibilidade de implicar no proxecto a entidades sociais non vinculadas á discapacidade (a condición de que haxa unha asociación desta temática incluída), e outras modificacións centradas no proceso de valoración e solicitude de información.

As bases da convocatoria están dispoñibles na páxina web da Fundación Emalcsa, e o prazo para a presentación de solicitudes é do 11 de novembro ao 2 de decembro de 2019.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?