Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de octubre de 2019

A Xunta de Goberno Local dará luz verde á constitución da Mesa pola Mobilidade

A Corporación tamén acordará prorrogar durante un ano o encargo a Emvsa para que xestione o funcionamento dun banco de vivendas de alugueiro destinadas a persoas con dificultades.

A Xunta de Goberno Local que terá lugar próximo martes 22 de outubro dará luz verde á constitución da Mesa pola Mobilidade Sostible da Coruña. "O obxectivo é contar cun instrumento para o impulso, a consulta e a participación nas políticas urbanas da mobilidade na cidade", explicou o concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada.

"Un foro estable de traballo para analizar as propostas que nesta materia presenten os distintos axentes vinculados á mobilidade, tal e como se fai nas principaos ciudades europeas", recalcou.

Villoslada lembrou que a creación deste órgano é un dos dez compromisos que en materia de mobilidade sostible recolle a Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sostible adoptada por todos os grupos políticos no pasado pleno do 3 de outubro.

A Mesa estará presidida polo edil de Urbanismo e nela estarán representadas as seguintes entidades:

- Dirección Xeral de Moilidade da Xunta

- Deputación da Coruña

- Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia

- Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña

- Autoridade Portuaria

- Universidade da Coruña

- Colexio de Enxeñeros de Camiños, Canais e Portos

- Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

- Cámara oficial de Comercio

- Confederación de Empresarios

- Federación das Asociacións de Veciños

- Mesa Local do Comercio

- Compañía de Tranvias

- Representación do sector do taxi da Coruña

- Stop Accidentes Galicia

- Grupo de Accesibilidade Coruña

 -Representación dos colectivos de ciclistas

Tamén formarán parte da mesa un representante de cada grupo municipal do Concello, a directora da área de Mobilidade, Elvira Quintairos, o director de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, e a directora da área de Medio Ambiente, Angelika Lorenzen.

Doutra banda, a mesa poderá poñer en marcha grupos sectoriais de traballo e convocar os expertos e técnicos que considere necesarios nas distintas disciplinas que engloban a mobilidade urbana. Ademáis, se creará o Comisionado de Mobilidade, como órgano técnico de apoio á Mesa.

A área de Urbanismo tamén ten previsto presentar na Xunta unha proposta para prorrogar durante un ano o encargo a Emvsa para que xestione o funcionamento dun banco de vivendas de alugueiro destinadas a persoas con dificultades cun orzamento de 450.000 euros.

Ademáis, a Xunta de Goberno terá que aprobar a subscrición dun acordo co Ministerio de Fomento e a Xunta que se firmará a próxima semana para a rehabilitación e ampliación de cinco vivendas situadas nas rúas de San Nicolás e Marques de Pontejos cunha inversión de 1.048.822, 60 euros. O estado aportará un total de 91.8000 euros; 69.042,78 euros no ano 2020, e 22.757 euros no ano 2021.

Urbanismo solicitou unha subvención dentro do Programa de fomento do alugueiro do Plan estatal de vivenda 2018-2019, que convocan desde a Xunta de Galicia, para executar o proxecto de edificación nos soares e o inmoble de propiedade municipal destinados a vivendas sociais. O plan deseñado polo arquitecto Jorge Salgado dividirá a construción nun novo bloque con dous apartamentos en dúplex de dous dormitorios en Marqués de Pontejos e tres dun dormitorio no edificio existente en San Nicolás coa posibilidade de integrar nos baixos dous locais sen uso específico.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?