Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de octubre de 2019

Alteracións no tráfico en diferentes zonas da cidade pola realización esta fin de semana das carreiras ENKI e do Ventorrillo

A carreira de obstáculos pola integración ENKI terá lugar o sábado ás 16.30 h e a Carreira Popular do Ventorrillo será o domingo pola mañá, ás 10.30 h

Este sábado terá lugar a carreira de obstáculos pola integración ENKI na zona da Mariña - Parrote. Desde a concellería de Infraestruturas e Mobilidade infórmase das seguintes alteracións no tráfico.

• De 15.00 a 20.00 h. corte da avda. Mariña - Montoto - Paseo do Parrote desde a Autoridade Portuaria ata o Castelo de San Antón, desviándose o tráfico nos seus extremos. Esta alteración, na franxa horaria mencionada, só afecta ao transporte público, cuxo itinerario alternativo é tanto de entrada como de saída pola avenida do Porto /  túnel d Parrote, habilitándose as paradas provisionais para este desvío na avda. do Porto.

• Ocupación da praza de María Pita para a montaxe de meta e diferentes carpas posto que se esperan ao redor de 10.000 participantes. Ademais, habilitarase unha zona de estacionamento para os vehículos adaptados dos participantes no Castelo de San Antón, fóra do circuíto.

Canto ás liñas de transporte urbano, modificaranse itinerarios das que circulan pola contorna do circuito durante o tempo que dure a proba. As liñas afectadas e os itinerarios previstos serán os seguintes:

• Liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A en sentido de circulación cara ao Hospital Abente e Lago: desde a praza de Ourense desviaranse pola avda. do Porto e o túnel do Parrote cara á parada do Abente e Lago, onde as liñas 5 e 17 reincorporaranse ao itinerario habitual. Ademais, realizarase unha parada provisional na avda. do Porto, á altura do quiosco Alfonso.

• Liña 3A, en sentido de circulación cara aos Rosales, desde o Abente e Lago farao polo túnel do Parrote, avda. do Porto, praza de Ourense, Juana de Vega e, na praza de Pontevedra, ao seu itinerario habitual. Farase unha parada provisional na avda.  do Porto á altura do Quiosco Alfonso.

• Liñas 3 e 7 en sentido de circulación cara a Monte Alto, desde a praza de Pontevedra circularán por San Andrés, rúa Alta, Paseo Marítimo, rúa Hospital, praza de España,  Veramar e Paseo Marítimo, incorporándose no Abente e Lago ao seu itinerario habitual.

En consecuencia, durante o tempo que dure a proba deportiva, non estarán habilitadas as paradas:

• Obelisco (cara a praza de Ourense): parada alternativa  na avda. do Porto á altura do quiosco Alfonso.

• Obelisco (cara á Porta Real): parada alternativa avda. do Porto á altura do quiosco Alfonso.

• Praza de Mina, en ambos os sentido): paradas alternativas na praza de Ourense.

• Porta Real, Dársena: parada alternativa Abente e Lago ou avda. do Porto á altura do quiosco Alfonso.

• Hotel Finisterre: parada alternativa Abente e Lago.

Carreira popular do Ventorrillo

O domingo será o turno da Carreira Popular do Ventorrillo, que comezará ás 10.30 h da mañá, tendo cortadas algunhas rúas xa desde as 7.30 h. As alteracións do tráfico serán as seguintes:

• De 7.30 a 14.00 h. corte da rúa Alcalde Jaime Hervada entre Solorio Suárez e  Peñamaría de Llano, desviándose o tráfico nos seus  extremos.

• De 10.15 a 11.00 h. (peche do circuíto no tramo urbano) corte de Alcalde Jaime  Hervada - Mosteiro Caaveiro - Solorio Suárez.

-       En Alcalde Jaime Hervada o tráfico que vén do Ventorrillo desvíase cara á rúa Francisco Miguel.

-       O tráfico de Mosteiro Caaveiro desvíase cara a Alfredo Tella.

-       O tráfico de Mosteiro de Bergondo desvíase cara a Rodrigo A. de Santiago.

• De 10.40 a 11.100 h. corte da DP-3003, estrada de San Pedro de Visma - Parque de Bens. Habilitaranse zonas de cambio de sentido con presenza policial en ambos os extremos, no aparcamento do parque de Bens e en San Pedro de Visma.

Outras alteracións importantes da xornada:

• Suprímese o estacionamento de 7.00 a 14.00 h., en ambas as marxes da rúa Alcalde Jaime Hervada entre Solorio Suárez e Peñamaria de Llano.

• Suprímese o estacionamento de 10.15 a 11.30 h. na Silva de Arriba, zona do percorrido.

• Prohíbese desaparcar de 10.15 a 11.00 h nas zonas de aparcadoiro por onde transcorre a carreira.

• É importante lembrar que a rúa Alcalde  Liaño Flores está pechada por obras.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?