Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de diciembre de 2019

As rúas Compostela, Alcalde Marchesi e Primavera serán peonís en Nadal

O corte ao tráfico do 20 deste mes ao 6 de xaneiro permitirá unha maior mobilidade das persoas nunhas zonas de intensa actividade comercial

A concellería de Mobilidade comunicou esta mañá que as rúas Compostela, Alcalde Marchesi e Primavera serán peonís en Nadal. O corte ao tráfico do 20 de decembro ao 6 de xaneiro permitirá unha maior mobilidade das persoas nunhas zonas de intensa actividade comercial, tal e como explicou o edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada. A peonalización arrinca este venres coa montaxe do operativo. Así, desde as oito da mañá estará prohibido estacionar nas tres rúas.

A rúa Compostela quedará totalmente cerrada ao tráfico, mentres que en Alcalde Marchesi só se verá afectado o tramo que vai da avenida de Fernández Latorre a Ramón y Cajal; na rúa Primavera cerrarase o tramo entre a avenida de Oza e a rúa Alcalde Marchesi. O concello, co fin de garantir o uso peonil das rúas, situará varios elementos de granito e xardineiras nas entradas destas, así como sinalización vertical e horizontal.

A área de Mobilidade explicou que se permitirá o paso de camións na rúa Compostela para realizar labores de carga e descarga, de luns a domingo en horario restrinxido de 8.00 a 11.00 horas e se respectará a reserva comercial os mércores e domingos de 22.00 a 24.00 horas. En canto a rúa Alcalde Marchesi, permitiráse o acceso ao único garaxe existente desde Benito Blanco Rajoy con saída a Ramón y Cajal, e para compensar a perda de zonas de carga e descarga nesta rúa, ampliaranse as zonas na rúa Blanco Rajoy. Ademais está previsto que se instalen bancos ao longo da vía.

Doutra banda, co fin de que as persoas residentes na rúa Primavera non perdan as súas prazas de aparcamento debido a peonalización, o concello trasladará as ditas prazas de maneira temporal á avenida de Oza.

En canto á recollida de lixo, para evitar que os camións circulen polas rúas, trasladaranse os contedores aos extremos das vías.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?