Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de octubre de 2019

Benestar Social fará un seguimento individualizado das nenas e os nenos en situación de exclusión social que non obtiveron as bolsas comedor e garantirá que ninguén “quedará sen protección”

Yoya Neira asegura que no curso 2018/2019 foron 1.077 (1.103 renovacións) e en 2019/2020 2.876. Benestar Social tramitou un 167 % máis de bolsas de comedor respecto aos dous anos anteriores.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, compareceu esta mañá na comisión especial de Benestar para explicar o procedemento de convocatoria de subvencións comedor para o curso escolar 2019-2020. Asegura que fará un seguimento individualizado das nenas e nenos en situación de exclusión social que non obtiveron as bolsas. "Ningunha nena ou neno en exclusión social quedará desprotexida/o". Conscientes da realidade social que viven moitas das familias, cuxos proxenitores teñen débedas, a concellería estuda xa desde o punto de vista xurídico a ordenanza e a convocatoria do próximo ano para evitar este tipo de situacións. Neira explicou que se están analizando a Lei de subvencións do Estado e a Lei de subvencións de Galicia por ver se existe outra posibilidade de interpretación legal para lles dar saída a estes casos.

Neira tamén lembrou que a convocatoria para as bolsas comedor 2019-2010 fíxose o 17 de abril do 2019, mentres que o ano anterior convocouse o 15 de marzo, é dicir, un mes antes. Ademais, explicou a concelleira, o ano pasado máis da metade dos expedientes foron simples renovacións. O ano pasado, sinalou, permitíuselles ás persoas beneficiarias da bolsa do ano anterior facer unha declaración responsable de que as súas condicións non variaran.

Tamén salientou que ata o 21 de agosto non se puideron solucionar todos aqueles casos tramitados a través da Xunta. Neira quixo deixar claro que "non se atoparon cun programa de axudas, senón de subvencións, así o di a convocatoria e así o din as disposicións legais"  e anunciou que unha vez que se aproben os orzamentos do 2020, publicarase unha nova convocatoria de bolsas comedor na que a súa concellería xa está a traballar para corrixir as deficiencias da actual.

A concelleira anunciou que a día de hoxe hai 225 alegacións presentadas e que o prazo para presentalas ampliouse ata o 24 de outubro. Servizos Sociais detectou, de oficio, erros na tramitación de 65 bolsas e contactou coas posibles persoas beneficiarias para emendalos. Das familias demandantes da subvención, ás que se lles solicitou documentación nas listas provisionais, un 43% non achegou ningunha da dita documentación requirida.

A concelleira explicou que Benestar Social tivo que avaliar un total de 1.992 expedientes, dos cales foron concedidos 815 e denegados 1.177. O total de bolsas tramitadas foi de 2.876. Un total de 1.676 bolsas denegadas e 1.200 concedidas. Ademais, Benestar Social tramitou un 167 % máis de bolsas de comedor respecto aos dous anos anteriores. Lembrou, ademais, que este ano traballaron 19 funcionarias/os na tramitación dos expedientes, mentres que en 2018 foron 3 persoas.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?