Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de noviembre de 2019

Benestar Social poñerá en marcha un programa para que a cativada con necesidades educativas especiais poidan participar nas actividades da Concellería

Inés Rey e Yoya Neira reuníronse esta mañá con representantes da anpa Anpanee para analizar a posibilidade de abrir unha liña de colaboración conxunta no ámbito da inclusión

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira anunciou esta mañá que a súa concellería poñerá en marcha un programa de apoio que permitirá que as nenas e os nenos con necesidades educativas especiais poidan participar nas actividades socio-culturais e de ocio que se ofertan desde Benestar Social cun programa personalizado as súas necesidades. Trátase de dar unha resposta a aquilo que requiren estes nenos, e non de poñer o foco nas súas limitacións. Realizarase, dixo a concelleira, unha adaptación curricular do itinerario das actividades como fan nos colexios. "Non se farán actividades específicas, senón que se adaptarán as que xa existen ás súas necesidades", explicou a concelleira.

.A alcaldesa, Inés Rey, e a Concelleira de Benestar Social, Servizos Sociais e Igualdade Yoya Neira, reuníronse esta mañá con representantes do Anpanee, unha anpa para nenas nenos con necesidades educativas especiais aos que lles explicaron os proxectos dedicados á diversidade que o Concello quere desenvolver para lograr unha maior inclusión social.

Anpanee, que denuncian desde principios de curso a falta de profesorado para a diversidade, mostrou a súa total disposición a colaborar co Concello no ámbito da diversidade e cualificou de "moi positivo" este primeiro encontro que serviu para presentarse e poñer sobre a mesa os problemas aos que se enfrontan as familias con nenas e nenos con necesidades especiais.

A súa intención, explicou a súa presidenta Paula Fernández, é dar voz e visibilizar a cativada con diversidade non só no ámbito educativo, senón tamén no social e de lecer.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?