Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de octubre de 2019

Celemín presenta no consistorio a 4.ª edición da SEMUÁ

A Semana das Músicas do Audiovisual terá lugar na cidade desde o 27 de outubro ata o 1 de novembro. Nesta edición dedicaráselle unha especial atención á figura do pianista e compositor arxentino Federico Jusid, que dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia no Teatro Colón.

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, participou esta mañá no acto de presentación da IV SEMUÁ - Semana das Músicas do Audiovisual que tivo lugar no consistorio, xunto á directora da Academia Galega do Audiovisual, Ana Míguez, o director artístico e compositor da SEMUÁ, Nani García, o director da Banda Municipal de Música da Coruña, David Fiuza, e o xerente da Orquesta Sinfónica de Galicia, Andrés Lacasa.

SEMUÁ, que se realiza na Coruña entre o 27 de outubro e o 1 de novembro, é un festival organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquesta Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña que lles dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais.

O edil de Cultura agradeceulle á Academia Galega do Audiovisual a súa coordinación e a todos os colaboradores que fan posible que esta actividade cultural "exista na cidade da Coruña" e puxo en valor a iniciativa por "tocar outra parte da música, como son as bandas sonoras". Celemín tamén agarda que esta cuarta edición "sexa un éxito" e supoña a "consolidación da SEMUÁ para futuras edicións".

O festival pon o foco no traballo dos profesionais da composición, produción e interpretación das músicas que acompañan as obras audiovisuais a través dun programa suxestivo que abarque o público de todas as idades.

Na súa cuarta edición, SEMUÁ dedicaralle unha especial atención á figura do pianista e compositor arxentino Federico Jusid que dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia no Teatro Colón, nun programa no que serán interpretadas algunhas das súas partituras máis coñecidas. A oferta de música en directo retoma os concertos da Banda Municipal de Música da Coruña, unha proposta para público familiar que se repetirá en dúas sesións para o alumnado dalgúns centros educativos da cidade. Ademais, a formación volverá ser protagonista, cun obradoiro impartido polo compositor e produtor musical hispanoarxentino Lucio Godoy.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?