Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

17 de agosto de 2019

O Concello modernizará a iluminación da rolda de Outeiro entre a avenida do Exército e a do Ferrocarril

O Goberno local tamén realizará obras de reurbanización na rúa María Victoria Fernández España no barrio de Zalaeta por un importe de 241.644 euros para mellorar a accesibilidade e reordenar o tráfico

O Concello modernizará a iluminación na rolda de Outeiro entre a avenida do Exército e a avenida do Ferrocarril. Os traballos forman parte do programa do Fondo europeo de desenvolvemento rexional (Feder) e serán confinanciados nun 80%. O orzamento ascende a 339.717 euros.

A actuación que o concello licita forma parte do plan de mellora dos servizos do barrio e do plan de mobilidade urbana sustentable que quere desenvolver a entidade municipal na cidade.  Con estas obras, o Concello pretende aumentar a eficiencia da instalación de iluminación pública para conseguir un considerable aforro enerxético e a mellora da calidade ambiental, así como unha maior seguridade viaria e cidadá. As obras consisten na renovación da iluminación existente, que inclúe novas lámpadas, canalizacións e centros de mando para mellorar a deficiencia enerxética da iluminación pública e, deste xeito, lograr aforro enerxético, xa que se utilizarán leds que necesitan a metade da potencia para producir o mesmo fluxo luminoso.  

Con este proxecto búscase modernizar a imaxe dos elementos urbanos, pois está previsto que se homoxeneice a tipoloxía dos farois cun deseño máis moderno. 

O persoal técnico sinalou que se mellorará tamén a calidade do medio, de xeito que se reduce o consumo e a contaminación lumínica e se cumpre así a normativa ambiental. Outro dos obxectivos das obras é rebaixar o gasto de mantemento grazas a que o sistema de control intelixente permite detectar accesos non autorizados e diminuír as supervisións nas noites. Ademais, permite o aceso/apagado automático e a regulación de horas nocturnas nas zonas preestablecidas.  

Doutra banda, o Goberno local tamén aprobou a licitación das obras de reurbanización da rúa María Victoria Fernández España no barrio de Zalaeta cun orzamento de 241.644,05 euros e un prazo de execución de seis meses. Os traballos de mellora do firme tamén están incluídos no Fondo europeo de desenvolvemento rexional (Feder) cun cofinanciamento do 80%.  

O proxecto mellorará o espazo urbano do barrio, pois nestes momentos a entrada e a saída do alumnado ao IES Ramón Menéndez Pidal provoca problemas de tráfico e aparcamento. Ademais, tal e como indican os estudos, o acceso ás vivendas e aos comercios vese limitado pola dimensión das beirarrúas, o que provoca problemas de accesibilidade e mobilidade.

O persoal técnico sinala que existen zonas verdes sen interese e problemas de tráfico na avenida de Zalaeta provocados polo aparcamento de vehículos.  As actuacións recollidas no proxecto van encamiñadas a erradicar todos estes problemas.

Por iso, levará a cabo unha nova distribución dos espazos para ampliar as zonas peonís ao reducir as zonas de estacionamento de vehículos. Demoleranse parte dos pavimentos existentes, coa intención de reutilizar a maior cantidade posible destes, especialmente de gran parte da actual calzada de formigón.

Na zona de encontro coa rúa Hospital mantense unha gran superficie pavimentada como consecuencia do uso peonil desta. Nela consérvase parte do tramo existente na actualidade cun bordo de lastras que permiten absorber os posibles encontros de materiais e desaxustes topográficos. Para completar a actuación, realízase un novo pavimento de soleiras de formigón. Mediante o cambio de formas e tamaños, márcanse os percorridos das persoas viandantes. Tamén se instalarán novos farois e, na área urbana, os elementos de xardinería reduciranse ao mantemento das árbores existentes (plataneiros, moreiras e magnolios) e á colocación de céspede na zona central da actuación. En canto ao mobiliario urbano, instalaranse bancos, papeleiras e sinalización, tanto horizontal como vertical. O acceso ao IES Menéndez Pidal contará cun banco lineal de granito. 

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?