Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de octubre de 2019

Emvsa inicia a licitación das obras de construción da piscina, ximnasio, spa e pista do complexo deportivo do Castrillón

A empresa municipal saca a concurso a actuación por un valor de 1.964.205,24 euros.

A Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades EMVSA aprobou hoxe no seu consello de administración a licitación das obras de construción da piscina, spa, ximnasio e pista do complexo deportivo do Castrillón por valor de 1.964.205,24 euros.

E tamén iniciará a licitación do equipamento deportivo por importe de 249.525,77 euros que inclúe liña de cardio e de forza, xogo de porterías de balonmán, xogo de voleibol e de bádminton e conxunto de bancadas retractiles. A redacción do proxecto de execución foille adxudicada ao estudio de arquitectura Diaz&Díaz.

Con esta actuación, o Goberno local dá resposta a unha vella demanda da veciñanza do Castrillón que leva anos solicitando que se dote o barrio con infraestruturas deportivas e reactiva a licitación de obra pública na cidade despois dun tempo de certa parálise.

O complexo deportivo, cunha superficie de 3.060,45 metros cadrados, contará con dúas plantas e baixo. A primeira planta, con 2.340,60 metros cadrados, albergará a piscina, o spa (pediluvio, sauna de vapor, sauna seca, ducha escocesa, ducha biotérmica, ducha cubo, ducha tres estacións), a pista polideportiva, aseos adaptados e vestiarios para monitoras/es e persoas usuarias. A segunda planta, con 571,75 m2, albergará os vestiarios para mulleres e homes e as salas de actividade deportiva.

O prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir do día seguinte da publicación do anuncio no perfil do contratante de Emvsa e o de execución das obras será de 12 meses.

Outras actuacións no barrio

Esta actuación súmase a outras que o concello está a desenvolver no barrio. As obras de mellora da praza da Concordia están en fase de contratación. O proxecto conta cun orzamento de máis 257.000 euros. A reforma propón a construción dedúas zonas de xogo que estarán cerradas ao tráfico e unha zona de xogos infantís.

Ademais, dentro do plan de mobilidade, o Goberno local estudia modificacións nas liñas de transporte público para mellorar as conexións do barrio co resto da cidade.

Doutra banda, desde Urbanismo analizan medidas encamiñadas a solucionar os problemas de aparcamento en superficie que teñen as e os residentes.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?