Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de diciembre de 2019

Esta fin de semana a praia do Matadoiro acolle a III edición da SuperLiga Siroko de surf profesional

O campionato co que colabora o Concello da Coruña presume de total paridade desde o seu inicio en 2017. 12 surfistas de cada categoría procedentes de diferentes países surfearán as ondas coruñesas este sábado e domingo.

Esta mañá presentouse no Pazo Municipal de María Pita a SuperLiga Siroko de Surf Profesional que terá lugar este sábado e domingo na praia do Matadoiro da Coruña. No acto de presentación do campionato participaron o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, o director da SuperLiga Siroko, Lucas Altamira, a surfista local que representa a Galicia, Isabel Gundín, e o surfista local que tamén representa a nosa comunidade autónoma, Martín Cortijo.

O primeiro campionato da SuperLiga Siroko realizouse en 2017 nas costas do noso país, sendo a primeira liga dun deporte profesional con total paridade a nivel nacional e que se consolida nesta terceira edición de 2019 como a competición de referencia no país que reúne ás e aos mellores deportistas da nosa xeografía.

Esta edición da SuperLiga Siroko disputouse cos 72 mellores "riders" do país con idades que van desde os 14 aos 35 anos nas categorías feminina e masculina nas comunidades de Cantabria, Euskadi e Asturias, e rematará esta fin de semana na Coruña. Na praia do Matadoiro competirán 12 surfistas por cada categoría.

O edil de Deportes desexou un gran éxito a esta liga que acolle a cidade da Coruña e da que destacou a súa total paridade, "nunca antes visto nun campionato de surf: política de igualdade absoluta tanto en premios, ondas e mareas", asegurou Borrego.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?