Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de diciembre de 2019

Inés Rey destaca o papel da muller na presentación do libro “Mujeres de los mares” de Ana Alemany

A alcaldesa asistiu esta tarde á presentación da obra de Ediciones del Viento que describe 20 perfís de mulleres e organizacións femininas que fixeron do mar o obxecto do seu traballo

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asistiu esta tarde á presentación do libro "Mujeres de los mares" (Ediciones del Viento) da autora Ana Alemany no Real Club Náutico da Coruña. No acto de presentación participaron Eduardo Riestra, editor de Ediciones del Viento; Ana Alemany, autora da obra; a escritora Pilar Casares e a rexedora da cidade, Inés Rey, responsable de pechar o acto.

A obra de Alemany describe 20 perfís de mulleres e organizacións femininas que fixeron do mar o obxecto do seu traballo e, tal e como argumenta a autora, ese era un dos obxectivos que se propuxo ao escribir o libro, "que servira de espello, de referente".

Inés Rey valorou a edición do libro alagando a Eduardo Riestra, non só polo seu contido, "senón pola impresión e a calidade do papel, e polas fotos que fan que lles poñamos cara a esas mulleres que nos levan no tempo a un punto concreto do planeta", asegurou a alcaldesa, quen tamén fixo alusión ás referencias do mar que o libro e que compoñen a principal mensaxe das protagonistas e da autora: "Sen azul, non hai verde. Dícese nun dos capítulos e tamén no lo advirten precisamente estes días desde a cumbre de Madrid". Canto á sostibilidade, Rey tamén explicou que "está claro que estamos a ir polo bo camiño, pero falta moito por facer así que ao mesmo tempo que vexo nas noticias que aínda hai algo de marxe para parar a conta atrás, pasan por diante de min todas estas mulleres que ata o de agora eran descoñecidas".

A rexedora da cidade non puido evitar relacionar ás mulleres de Alemany coas mulleres galegas: "Outras mulleres bravas son as percebeiras, valentes, decididas, que arriscan a vida para que outros gocemos do pequeno pracer de degustar este manxar. Son mulleres que lle gañan a carreira ao mar todos os días. Coñecen a fisionomía de rocas máis que a súa e usan trucos para ser máis áxiles, algo que non se aprende nos ximnasios senón loitando nun medio ao que teñen que ver e oír porque só así saben cando unha onda pódelles xogar unha mala pasada. Elas e as súas conciencias son tan necesarias como este libro que hoxe teño o pracer de compartir en alto".

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?