Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de septiembre de 2019

Inés Rey: “Non quero perder o tempo en batallas estériles que só serven para alimentar a desafección da política”

A alcaldesa mantén a súa aposta polo mandato “da amabilidade” durante un almorzo informativo en María Pita

A alcaldesa, Inés Rey, fixo esta mañá un balance dos seus primeiros cen días ao fronte do Goberno local en María Pita. A rexedora mantén a súa aposta por un mandato "amable e lonxe da tensión que se viviu nos últimos anos" para centrarse no diálogo e nos acordos". Trátase, dixo, dunha cuestión de respecto institucional, "de non perder o tempo con batallas estériles que só serven para alimentar a desafección política". Neste sentido, o goberno socialista soubo ir máis aló das siglas e recuperar o diálogo institucional con outras administracións  "sexan da cor que sexan" e non caer  "no vicio de rexeitar todo aquilo feito polos anteriores gobernos".   Asegura querer "levar o sentido común na política" e adoptar acordos que beneficien á cidadanía sen importar que veñan doutros partidos afastados  ideoloxicamente de nós". A política municipal debe centrase no cidadán", insistiu. Un propósito que quedou reflectido nos acordos alcanzados coas forzas progresistas de esquerdas Marea Atlántica e BNG e "na man tendida e o diálogo fluído co resto de forzas da Corporación". Nun clima que confía que se manteña máis aló "da tradicional tregua" dos cen días. Desde o 17 de xuño a prioridade máis inmediata, ademais de resolver problemas perentorios como os campamentos de verán ou a xestión dos rexeitamentos de Nostián, foi analizar polo miudo o funcionamento das diferentes áreas. Tamén analizar o estado dos contratos dos servizos públicos, moitos deles xudicializados. "Houbo que coñecer o estado da administración para mellorar o que non funcionaba". Destacou, durante o almorzo informativo que mantivo cos xornalistas, o traballo realizado polos concelleiros/as e a súa dedicación as "24 horas do día" para sacar adiante todos os proxectos que o Goberno local ten para este mandato; proxectos de carácter transversal que necesitan da colaboración de todas as áreas". E fixo unha mención especial ás traballadoras e traballadores municipais "unha das grandes fortalezas que ten o Concello é os seus traballadores" e mostrou a súa satisfacción polo seu labor e profesionalidade. Sen esquecerse, sinalou, que é necesario reforzar algúns servizos con máis persoal.  No ámbito do urbanismo, Inés Rey destacou que a tramitación de licenzas recibirá un importante impulso xa que durante os 100 primeiros días do anterior mandato se tramitáron 20 licenzas e que neste foron 120 as licenzas concedidas. "Un dato que demostra que viñemos a impulsar a administración local que padecía un grave letargo".  

PROXECTOS  

Sinalou que son grandes proxectos de cidade a Estación Intermodal, o novo Hospital, a fachada marítima ou a Cidade das  TICs, pero tamén o son o centro de saúde de Santa Lucía, o Remanso, os equipamentos deportivos, a mellora no trazado do carril bici ou a reordenación de liñas de autobús, a reimplantación do carril bus, erradicar o botellón en Méndez Núñez, construír novas escolas infantís e a súa gratuidade e investir nos servizos sociais para que "ninguén quede atrás e poñer en marcha unha política real de inclusión". Insistiu no compromiso do Goberno local co medio ambiente mediante políticas transversais de mobilidade que axuden a cumprir os acordos da Axenda 2030. Neste sentido, lembrou que é de máxima prioridade o prego da xestión dos residuos urbanos que lamentou que non estaba "nin moito menos listo". En canto ao Plan de Limpeza Integral lembrou que a administración é "lenta" aínda que está segura de que se tramitará nas próximas semanas co fin de que a cidade recupere "esa imaxe que todos queremos". Mentres tanto, estamos a realizar un plan de limpeza zonal en todos os barrios da cidade.  Sinalou a xestión para facer realidade a Estación Intermodal "como exemplo de traballar con outras administracións". Un proxecto vital para o plan de mobilidade e de transporte da cidade que estivo paralizado moito tempo e que agora grazas "ás renovadas relacións institucionais  conseguimos que vaia para adiante".

O Concello xa fixo os seus deberes coa aprobación das modificacións do PXOM que son necesarias para garantir os accesos á futura estación que estará finalizada en 2023 "pasos que non son visibles, pero moi importantes", resaltou.  En canto á reordenación da fachada marítima, outro dos proxectos para este mandato, Inés Rey, destacou que xa empezaron os traballos en colaboración coa Autoridade Portuaria e indicou que a Corporación aprobará unha moción relativa ao Porto que  confía "que se aplicará"  do mesmo xeito que a da Casa Cornide.  

Presupostos

O clima de diálogo, dixo, fai posible que este ano se poidan comezar en setembro as negociacións dos orzamentos para que poidan ser aprobados en xaneiro e, deste xeito, poder levar a cabo as políticas que "van transformar a vida dos cidadáns".   

Unha aposta pola Igualdade

"Unha Corporación que defenda os intereses das coruñesas non só con palabras, senón con feitos". Anunciou que levará ao pleno de outubro a aprobación definitiva da Ordenanza de Igualdade.  

Área metropolitana

Outra das firmes apostas deste goberno, apuntou a rexedora, é a creación da área metropolitana, tal e como acordou onte con todos os concellos da área. No próximo pleno levará unha proposta para que a Xunta promulgue unha Lei que permita a creación deste ente supramunicipal. 

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?