Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de noviembre de 2019

Inés Rey preside en Santo Amaro a tradicional ofrenda floral na celebración do Día de Todos os Santos

A alcaldesa lembrou o labor de destacadas figuras da historia da cidade, pero tamén o das persoas que, desde o anonimato, axudaron a construír “unha Coruña máis xusta, solidaria e liberal”

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada pola corporación municipal, presidiu esta mañá no Cemiterio de Santo Amaro a tradicional ofrenda floral do Concello na celebración do Día de Todos os Santos.

A rexedora depositou flores ao pé da Cruz dos Esquecidos, xunto á placa conmemorativa dos Defensores Falecidos da Lingua Galega, ante a sepultura de Juana de Vega e o Monumento aos Mortos pola Liberdade. Durante o acto escoitáronse as voces da coral Follas Novas interpretando "Negra sombra".

Inés Rey sinalou que este 1 de novembro a cidade e a corporación réndelle homenaxe "ao traballo das mulleres e dos homes que axudaron a construír unha cidade máis liberal vangardista e solidaria.". Algunhas, dixo, como Juana de Vega, cuxo activismo político a levou a "elevar a súa voz a favor das causas menos favorecidas", outras que desde o anonimato tamén axudaron a construír unha Coruña máis xusta, e a todas aquelas que coa súa loita "axudaron a que hoxe esteamos aquí exercendo os nosos dereitos con plena liberdade".

A alcaldesa lembrou que a historia de Juana de Vega "é a historia da cidade". Unha historia, sinalou, que "tamén se escribe con nomes como Curros Enríquez, Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Linares Rivas, Pucho Boedo... Para a rexedora, a única maneira de seguir avanzando como cidade é poñer as persoas protagonistas da nosa historia no lugar destacado que merecen "tendo en conta o que fixo quen nos precedeu e dándolle o seu lugar".

Melloras nos cemiterios

Doutra banda, o Concello continúa o seu plan de ampliación, mellora e mantemento dos cemiterios. Responsables da Concellería de Medio Ambiente anunciaron que no cemiterio de Santo Amaro acaban de finalizar as obras para arranxar as cubertas e a impermeabilización.

Ademais, ampliouse o pavimento de formigón armado nos corredores transversais e mellorouse o pavimento central seguindo as indicacións de Patrimonio. Os traballos tamén inclúen canalizacións, pluviais e baixantes, así como a instalación de claraboias nas zonas dos cinceiros.

Tamén se está valorando a idea de abrir de novo a capela exterior, non para celebrar o culto, senón para que sexa visitada polas coruñesas e coruñeses. Para iso, estúdanse dúas alternativas; por unha banda recuperar a cantería e as imaxes e manter o seu carácter oratorio ou, doutra banda, como centro de interpretación histórica do cemiterio.

En canto ao cemiterio de Feáns, desde Medio Ambiente destaca o incremento en dúas fileiras de nichos de dous departamentos, construíuse unha torre de cinceiros e colocaranse túas baixas na separación entre camiños. Falta, indican, realizar labores de impermeabilización de cubertas, que se poñerán en marcha cando o tempo o permita.

O Concello non ten previsto levar a cabo ningunha actuación no camposanto de Oza porque o seu estado de conservación é satisfactorio.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?