Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

31 de octubre de 2019

Inés Rey recibe no concello os catro representantes da Policía Local que participaron no Campionato de España BTT

O equipo da Policía Local da Coruña entregou a distinción recibida pola súa destacada participación na devandita proba, na que un dos seus integrantes acadou o terceiro posto na súa categoría

Esta mañá a alcaldesa, Inés Rey; o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego; e o xefe de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, recibiron no Salón de Plenos do Pazo de María Pita os catro representantes da Asociación Cultural e Deportiva da Policía Local da Coruña que participaron na 22ª edición do Campionato de España BTT para policías locais. 

A proba na que competiron os catro axentes realizouse o 28 de setembro na localidade madrileña de Colmenar Viejo e contou coa participación de 165 representantes da Policía Local de 67 municipios de toda España. A carreira disputouse nun circuíto de 15 quilómetros en cada unha das tres voltas e un desnivel próximo aos 300 metros cunha mínima parte urbana.

A alcaldesa felicitou os integrantes do equipo coruñés polos resultados obtidos e valorou e agradeceu o esforzo realizado, e animounos a seguir co seu adestramento. Pola súa banda, o equipo da Policía Local da Coruña entregou a distinción recibida pola súa destacada participación na devandita proba, na que un dos seus integrantes acadou o terceiro posto na súa categoría. Tanto a alcaldesa coma a representación da Policía Local que acudiu á recepción no consistorio non descartan estudar a posible acollida do campionato na cidade o vindeiro ano.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?