Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de octubre de 2019

Neira remarca o traballo en equipo da comunidade do CEIP Rosalía de Castro para a creación dun videoclip sobre a non violencia

Estudantado, profesorado e familias do centro materializaron nunha cinta todo o que debateron e concretaron nunha canción que gravaron nun estudo profesional e que hoxe presentaron no Teatro Colón

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, acudiu esta mañá á presentación no Teatro Colón do audiovisual "Non violencia", e valorou a iniciativa do alumnado do CEIP Rosalía de Castro por implicar o profesorado e familias na creación dunha canción que hoxe é un himno para todos eles e que serviu de fío condutor do videoclip dirixido por Manu Viqueira. No acto tamén participou o edil de Cultura, Jesús Celemín.

O proxecto, que partiu da ANPA Aturuxo, englobou obradoiros de diálogo coa profesora María Xosé Mosquera, da UDC, da que obtiveron os elementos centrais do tema, e sesións de "Filosofía para nenas e nenos", nas que abordaron cuestións éticas e afectivas. A edila destacou o feito de xuntar varias xeracións nun equipo para debater sobre unha cultura de paz sobre a que vertebraron a letra coa axuda da escritora Dores Tembrás, que traballou con eles para concretar a mensaxe que querían transmitir.

Ademais, contaron coa colaboración de Fernando Esclusa na música, co que decidiron ritmo e melodía. Finalmente, o ilustrador Manel Cráneo guiou as e os estudantes para que lles desen forma plástica ás ideas e que buscasen un logo e un lema que representase todo o proceso creativo. As e os protagonistas explicaron no teatro a súa experiencia gravando nun estudo profesional e na rodaxe do vídeo que hoxe puideron ver na gran pantalla. Contaron que foron cinco días de ledicia, nervios e sorpresas, pero tamén de moito traballo, nos que coñeceron o mundo do cine por dentro. 

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?