Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de noviembre de 2018

O alcalde salienta as obras de accesibilidade postas en marcha no Birloque, onde o Concello negociará co Estado a acometida de melloras nas zonas afectadas pola construción da Terceira Rolda

Tal e como se indicou no encontro participativo Dillo Ti celebrado no centro cívico do Birloque, o goberno local prevé a implantación de dúas estacións de BiciCoruña na contorna do barrio

O alcalde, Xulio Ferreiro, salientou esta mañá os traballos levados a cabo polo goberno local no que vai de mandato no barrio e a contorna do Birloque e que se centraron fundamentalmente en mellorar a accesibilidade e a seguridade da zona, ademais de incrementar os seus equipamentos para paliar o déficit histórico nesta zona. "Unhas intervencións que se seguirán realizando por parte do executivo municipal", indicou, no marco dun encontro coa veciñanza no centro cívico do barrio dentro dos encontros participativos do goberno local coa veciñanza Dillo Ti. "Neste tempo levamos a cabo numerosas actuacións, nas que destacan as melloras nas glorietas, así como nos pasos de peóns de cara a incrementar a accesibilidade", salientou o rexedor, que manifestou, ademais, que o goberno local está en conversas con Carreteras do Estado (dependente do Ministerio de Fomento) para acometer actuacións de mellora nas zonas que quedaron afectadas tras a construción da Terceira Rolda. Para isto, o executivo municipal, en consonancia coas demandas da veciñanza, proporá un convenio ao executivo estatal que determine as necesidades de actuación neste ámbito, así como especifique as responsabilidades e titularidades de cada administración.

No ámbito dos equipamentos para a mocidade, o primeiro edil tamén salientou o parque infantil habilitado na praza Isaac Díaz Pardo, así como as obras nos centros educativos Alborada e Salgado Torres. "Tamén debemos salientar a mellora en canto a atención social debido á descentralización dos servizos de atención social en distintos centros cívicos da cidade, entre eles o de Elviña, que dá servizo a todo este barrio e que se implantou este mes de setembro", apuntou.

Os investimentos levados a cabo dende Rexeneración Urbana neste barrio a peche de ano rondan o medio millón de euros. Entre eles, e ademais da renovación das glorietas que conectan a avenida de Glasgow, destacan as actuacións de mellora de beirarrúas e novos pasos de peóns entre Isaac Díaz Pardo e Pintor Laxeiro e na contorna de Salgado Torres, así como a mellora da accesibilidade en Camilo José Cela e Juan Darriba e a execución do treito que restaba da beirarrúa de Mendaña de Neyra, na que se implantou tamén un muro de contención. Tamén salienta a reparación de pavimentos nos pasos de peóns da rúa Pablo Picasso, así como a substitución da cuberta do edificio municipal para usos veciñais na avenida de Glasgow, o acondicionamento do antigo camiño de Marzán a Orro e os traballos de mellora na glorieta da avenida do Ferrocarril (vinculada ao traballos para a Intermodal) na intersección coas rúas Médico Devesa e Joaquín Cotarelo. A este respecto, o alcalde Ferreiro recordou a reunión que mañá manterá en Madrid con representantes de ADIF e da Xunta de Galicia para poder avanzar no proxecto da estación, "un proxecto fundamental tanto para a cidade como a toda a Área Metropolitana".

A preguntas da veciñanza, e no ámbito da mobilidade, o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, indicou que está previsto que o Birloque conte con dúas novas estacións de BiciCoruña, unha dentro do propio barrio e outra en Pablo Picasso, lindando co novo tramo de carril bici habilitado neste mandato municipal. "O Birloque é unha das zonas da cidade que non conta con estación para as bicicletas públicas. Non obstante, e ligado aos fondos europeos FEDER dos que foi merecedor o Concello pola estratexia urbana EidusCoruña, imos a aplicar en breve un proceso de renovación e mellora de BiciCoruña, na que se investirá 1,5 millóns de euros e que ampliará de 27 a 50 as estacións na cidade, ademais de mellorar as propias bicicletas renovando toda esta infraestrutura pública, que contará con 300 bicicletas convencionais e 300 eléctricas", recordou.

Por outro lado, a concelleira de Medio Ambiente, María García, anunciu que o Concello acometerá en breve, coincidindo coa época da caída da folla (por ser a máis acaída) o programa anual de podas no arborado de titularidade municipal.

Noutra orde de asuntos, tanto o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, como a titular de Xustiza Social, Silvia Cameán, e a preguntas dunha veciña, salientaron o traballo feito no ámbito da vivenda de cara a facilitar o seu acceso a toda a poboación. "Nestes últimos anos puxemos en marcha diversos programas como o de Acceso de Hábitat Digno que, entre outras,  logrou xa a reubicación de 17 familias do asentamento da Pasaxe, ademais de destinar este ano 2,6 millóns de euros á actuacións de rehabilitación de vivenda financiados por fondos propios. Estamos a traballar para habilitar un edificio en Pontejos que se dedicará a dar unha alternativa habitacional a colectivos con maiores dificultades, así como en negociacións co Arzobispado de Oviedo para adquirir un edificio en Panadeiras", comentou o concelleiro Varela, quen recordou tamén que o Concello prevé poñer en marcha unha convocatoria pública a través de Emvsa para que a xente que posúe vivenda baleira poida poñela a disposición da administración pública de cara a fomentar o aluguer a colectivos con maiores dificultades. "De cara á veciñanza en situación en risco de exclusión, este goberno local puxo en marcha e aumentou o número de pisos de emerxencia, así como deu case 600 axudas de emerxencia para axudar a pagar a hipoteca, así como 200 axudas a través do programa A Flote", dixo ao fío a concelleira Cameán, que apuntou a que, neste momento, a Renda Social Municipal, prestación destinada a cubrir as necesidades básicas, axudou a máis de 200 familias da cidade.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?