Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de noviembre de 2019

O Concello cédelle unha furgoneta á Asociación Axuda a Superar Enfermidades Raras (ASER) para a recollida de tapóns de plástico

A alcaldesa Inés Rey recibiu as persoas representantes de ASER para asinar a acta de entrega do vehículo que o Goberno local lle cede gratuitamente á entidade coruñesa

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, recibiu esta mañá en María Pita, xunto ao director da Área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, o presidente da Asociación Axuda a Superar Enfermidades Raras (ASER), Juan Javier García Barreiro, e outras persoas representantes da entidade coruñesa para a sinatura da cesión dunha furgoneta por parte do Concello á asociación.

O vehículo cedido perténcelle ao parque móbil municipal e "neste momento non se estaba a utilizar", explicou a rexedora, quen tamén expuxo que o Concello pon o seu "gran de area para colaborar coa asociación e para que a recollida de tapóns que levan a cabo sexa en mellores condicións e con maior capacidade".

ASER é unha asociación relativamente nova, apenas ten dous anos de vida, pero a actividade que están a desenvolver é, en palabras do seu presidente, "frenética e moi activa". García Barreiro valorou a cesión do Concello como "unha axuda importantísima que supón un impulso para a asociación xa que a recollida de tapóns é a nosa actividade principal e este é un instrumento moi importante para a realización da dita recollida".

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?