Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de octubre de 2019

O Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa presentan a terceira edición do FESTI=

O Festival de Artes pola Inclusión Cultural é un punto de encontro para lle achegar a cultura sen barreiras a toda a cidadanía e poderá desfrutarse na cidade durante todo o mes de novembro

Esta mañá presentouse no consistorio a terceira edición do Festival de Artes pola Inclusión Cultural, FESTI=, unha iniciativa da Fundación Emalcsa desenvolvida co Concello da Coruña. A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, foi a encargada de presentar o acto, que tamén contou coa actuación especial do músico Robert Pier, da Asociación Tres por Cuatro.

FESTI=, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Naturgy, Repsol, Fundación Banco Sabadell, Vegalsa-Eroski e a Fundación María José Jove, é un punto de encontro para que toda a cidadanía da Coruña teña a oportunidade de coñecer e gozar dunha cultura sen barreiras. O festival celebrarase durante todo o mes de novembro e rematará o 1 de decembro nunha xornada festiva no Centro Ágora.

FESTI= permite non só que as persoas diversas poidan acceder á cultura, senón tamén que sexan produtoras e formen parte desa cultura. "As entidades terán un espazo propio no que poderán facilitar información sobre o traballo que realizan día a día", sinalou a concelleira e vicepresidenta da Fundación Emalcsa, Yoya Neira, quen tamén asegurou que tanto o programa de cultura inclusiva como o Festi= "son unha prioridade para nós".

A programación do Festival de Artes pola Inclusión Cultural, na que participan asociacións tanto culturais como sociais, abrangue dende obradoiros e rutas inclusivas ata concertos, teatro, audiovisuais ou exposicións, sempre desde un punto de vista inclusivo. Para anotarse aos obradoiros e ás rutas inclusivas, con límite de prazas, hai que dirixirse a  www.coruna.gal/igualdade/festigual.

Programación de FESTI=

O día 8 de novembro comeza a programación no Centro Ágora coa estrea da representación teatral "Construíndo Soños", da Asociación Diversos, onde tamén presentarán o fotolibro "Buenos Aires", que visibiliza  o proceso de traballo na comunidade e a historia do barrio da Sagrada Familia.

O xoves 14 de novembro, tamén no Centro Ágora, tócalle a quenda a La Quinta del Arte, coa proxección e mesa redonda sobre "La Gran Boda 2.0", documental sobre a obra de teatro co mesmo nome con 70 actores con e sen discapacidade, estreada no festival Una Mirada Diferente do Centro Dramático Nacional (Madrid).

O mesmo día 14, antes da proxección, poderemos escoitar a Inés Enciso coa conferencia "Inclusion y artes escénicas". Enciso é co-directora do festival Una mirada diferente, do Centro Dramático Nacional, galardoado co Premio Plena Inclusión 2015 e o Premio Especial de la Unión de Actores de Teatro.

A semana seguinte, o xoves 21 de novembro, a Asociación Poten100mos inaugura cunha actuación a exposición de fotografía Taigeto, Sueños y Normalidad, proxecto de fotografía colectiva no que se amosa a normalidade, o que nos une, incidindo en que dentro de todas esas cousas que nos fan iguais, hai diferenzas que nos enriquecen. A exposición permanecerá aberta ata o 3 de decembro.

O xoves 28 de novembro a Asociación Tres por Cuatro e Robert Pier darán un concerto de Músicas inclusivas e participativas ás 20:00 h no auditorio do Centro Ágora. Músicas inclusivas e participativas é un proxecto no que colaboraron sete entidades sociais e catro grupos corais da Coruña.

Ademais, dúas exposicións estarán abertas durante o festival, Encajando a Seoane, dos Amigos do Museo de Belas Artes, que estará no Museo de Belas Artes da Coruña ata o 17 de novembro, e a Exposición A Coruña Solidaria a cargo da Sociedade Filatélica da Coruña que poderá gozarse na Sala Municipal de Exposicións Salvador Madariaga ata o 8 de decembro.

Para rematar, o día 1 de decembro o Centro Ágora encherase de diversidade cunha tarde chea de cultura accesible dende as 16:00 ata as 20:00 h, cando se cerre a xornada coa actuación especial de De Vacas, concerto de balde para o que xa se poden retirar as entradas en Eventbrite.

A tarde comezará cun concerto da orquestra de cámara galega, dirixida por Rogelio Groba, de Demusicade. Tamén gozaremos do resultado dos obradoiros Deseñando Sons, Danza e movemento creativo, Terapia Cráneo-sacral, Pinchada DJ con valores e Capoeira Angola. Ademais, proxectarase "E voto porque me toca", de Proxecto Máscaras e habilitarase un espazo para contadas pola diversidade, coa participación de Paula Carballeira, Avelino González, Atenea García e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?