Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de noviembre de 2019

O Concello pon en marcha o plan director para a revitalización da Cidade Vella

O edil de urbanismo, Juan Díaz Villoslada, presentou hoxe, durante a realización dunha mesa de traballo, un documento inicial para sentar as bases das futuras actuacións para a rehabilitación en todos os ámbitos do centro histórico

O edil de urbanismo, Juan Díaz Villoslada, considera imprescindible redactar un plan director para revitalizar o centro histórico en todos os ámbitos e así llelo comunicou esta mañá ás persoas integrantes da Mesa da Cidade Vella que se reuniron en María Pita co fin de coñecer un documento que servirá para sentar as bases das futuras actuacións nesta área da cidade.

Un documento inicial redactado polo anterior executivo da Marea Atlántica e que o actual goberno quere enriquecer coas achegas de todos os axentes implicados na revitalización do centro histórico. Este proxecto, sinalou Villoslada, será o punto de partida para a creación dun plan director que recolla actuacións nun curto, medio e longo prazo e que dispoña de partidas orzamentarias. "Unha guía de traballo deste e de futuros gobernos da cidade", puntualizou.

Villoslada indicou que o Concello mantén as actuacións postas en marcha polo anterior Goberno encamiñadas a revitalizar a zona, como é a peonalización das rúas Damas, A Nosa Señora do Rosario e Cortadoría e anunciou as obras de reurbanización do tramo do paseo marítimo que discorre entre o Castelo de San Antón e Durmideiras, así como da zona do Parrote ata A Mestranza. "Actuacións que incidirán de maneira importante na revitalización de Cidade Vella", dixo Villoslada.

O concelleiro de Urbanismo destacou durante a reunión que a intención do Concello é lograr o maior consenso posible para poder executar un plan que servirá "para pagar unha débeda histórica co corazón da cidade". Por iso, na mesa de traballo tamén sentarán representantes de todos os grupos políticos que xa mostraron o seu apoio e a este plan no último Pleno "para que fagan as súas achegas e póidase redactar un plan o máis consensuado posible con medidas concretas e orzamentos concretos". "O importante é ter un plan estratéxico, planificar accións e orzalas", apuntou o edil.

Por iso, o proxecto tamén lles será enviado á Universidade, ao Colexio de Arquitectos e ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, IGVS, con quen está previsto crear unha área Rexurbe. "Trátase de traballar de maneira conxunta no proceso de rehabilitación", indicou Villoslada.

O documento, redactado desde un punto de vista multidisciplinar, articúlase en cinco eixes principais. En primeiro lugar, no ámbito de recuperación e protección de patrimonio e rehabilitación de vivendas. Un segundo eixe de traballo centraríase nas condicións sociais da comunidade que vive nesta parte da cidade. A mellora progresiva do uso dos espazos públicos mediante procesos de peonalización é outro dos aspectos recollidos neste proxecto que pasa non só por crear zonas verdes senón por dotalas de vida e onde a política ambiental xoga un papel decisivo, apuntou o concelleiro.

O cuarto eixe do plan son a promoción económica e a promoción turística. Este último require segundo o edil "un máximo coidado" porque "non queremos que a Cidade Vella se converta unicamente nun polo turístico ou que teña lugar un proceso de xentrificación", asegurou Villoslada, que ve imprescindible un plan de mobilidade como quinto eixe dun proxecto que o Goberno local confía en que a finais de decembro estea listo con todas as achegas dos distintos sectores e que no primeiro trimestre do ano 2020 poida arrancar o plan director.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?