Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de noviembre de 2019

O Consello da Memoria Democrática inicia unha nova etapa co firme propósito de recuperar a Casa Cornide

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de constitución do novo Consello que continuará cos traballos de supresión da simboloxía franquista e reabrirá a Oficina de Atención ás Vítimas que pasará a ser de titularidade municipal

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde, xunto aoconcelleiro de Educación e Cultura, Jesús Celemín, o acto de constitución do novo Conselloda Memoria Democrática, entidad encargada de desenvolver as políticas municipaisdestinadas á recuperación da memoria histórica das vítimas da Guerra Civil e a Ditadura. Un dos principais retos do novo Consello é a recuperación da Casa Cornide. Que o inmoble pase a ser de novo patrimonio público é un dos firmes propósitos do recentemente nomeado Consello. A súa intención é que o edificio sexa declarado Ben de Interese Cultura, BIC, para poder abrilo ao público como un primeiro paso para recuperar a súa titularidade. Para iso, o Goberno local, encargoulle ao historiador Alfredo Vigo, catedrático de Historia daArte da Universidade de Santiago, que elabore un informe para iniciar o trámite de protección do inmoble. Un traballo que supervisará a comisión que coordinará Emilio Grandío, do Instituto Cornide.

O Consello tamén deu luz verde para que continúen os traballos de retirada da simboloxía franquista postos en marcha por unha comisión do anterior executivo da Marea Atlántica, así como a reapertura da Oficina de Atención a Vítimas, cuxo traballo coordinará a Cátedrade Memoria Histórica da Universidade da Coruña. A partir de agora, a oficina será municipal. Tamén lle deu o visto e prace á creación dunha web. Unha plataforma decomunicación das actividades do Consello que contará cun arquivo e biblioteca virtual da Memoria Histórica.

Ademais dos representantes do Goberno local e membros da Corporación municipal, o consello conta entre os seus integrantes con membros do Ateneo Republicano, do Instituto Cornide, da Real Academia Galega, da Universidade da Coruña, así como representantes de Asociacións pola Recuperación da Memoria Histórica da cidade e historiadores de recoñecido prestixio.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?