Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de diciembre de 2019

O Consello de Emalcsa acorda impulsar a conversión da empresa municipal nun medio propio

Esta decisión é o primeiro paso para a creación do operador enerxético con participación 100% municipal. O órgano de goberno de Emalca tamén aprobou o convenio co Concello de Arteixo para a ampliación do suministro de auga.

O Consello de Administración de EMALCSA acordou impulsar a conversión da empresa municipal nun medio propio, catalogación recollida na nova Lei de Contratos do Sector Público (LCSP). Será a Xunta Xeral de Accionistas, formada polos 27 concelleiros e concelleiras da Corporación Local da Coruña, a que en reunión extraordinaria aprobe en vindeiras datas esta transformación societaria.

Esta decisión permitirá que durante o ano 2020 se poida activar a creación dun operador enerxético de titularidade 100% municipal.

Pola súa parte, o órgano de goberno de EMALCSA encomendaralle á dirección da sociedade o inicio do procedemento para a constitución dun operador enerxético municipal, unha vez celebrada a Xunta Xeral de Accionistas onde se aprobe a conversión en medio propio municipal.

Emalcsa poderá elaborar os pertinentes estudos para coñecer a viabilidade da constitución do operador enerxético, como xa sucede nalgunha cidade española, e tamén poderá elaborar o Mapa das Enerxías Renovables, por encargo do Goberno Local.

O consello de Emalcsa tamén deu o seu visto bo á Relación dos Postos de Traballo (RPT) do ano 2019 e o Programa Anual de Actuacións, inversións e financiación (PAAIF) para o ano 2020.

Por outra banda, o Consello tamén aprobou o convenio co Concello de Arteixo para a ampliación do subministro de auga. Este acordo recolle que será Emalcsa a encargada de executar as obras recollidas no Plan director de Alvedro e anticipará o custo de execución. Emalcsa garantirá a subministración (adicional ao de Meicende, Pena Moa e Monte das Arcas) dos seguintes caudais: 212 l/ s no depósito en Vío Alto e 90 l/s no depósito de Pena Moa. O prazo de execución das obras e posta en servizo é ata 2023.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?